Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 07 de maio de 2003 Páx. 5.767

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 8 de abril de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución de denegación dictada en relación cos expedientes e interesados que no anexo se relacionan, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), intentada a notificación persoal nos domicilios dos interesados, sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución do delegado provincial da CPTOPV, pola que se acorda a denegación da ampliación do período de subsidiación.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da citada lei, transcríbese o texto íntegro da dita resolución.

«Á vista da solicitude e documentación presentada e logo das comprobacións oportunas de conformidade co previsto no artigo 4 do Real decreto 1932/1991 e na Orde do 6-3-1992, acórdase denega-la ampliación do período de subsidiación do préstamo do que vostede é beneficiario como titular do expediente arriba referenciado.

Motivos da denegación: a solicitude de ampliación do período de subsidiación presentouse fóra de prazo.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 114 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Pontevedra, 17 de xaneiro de 2003. José Manuel González Álvarez, delegado provincial de Pontevedra».

Pontevedra, 8 de abril de 2003.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36-A-0778/97.

Interesada: Mª Mar Moraña Prado.

Último enderezo coñecido: rúa José Malvar Figueroa, nº 16, 3º B (Pontevedra).

Intentos de notificación persoal: o 21-1-2003 ás 10.15 h.

Data da formalización do préstamo: o 22-12-1997.

Data da solicitude de ampliación: o 7-1-2003.

Expediente: 36-A-0294/97.

Interesado: José Rodríguez Pérez.

Último enderezo coñecido: rúa Victoriano Pérez Vidal, nº 48, 2º H (Salceda de Caselas).

Intentos de notificación persoal: o 7-2-2003 ás 11 h e o 8-2-2003 ás 10 h.

Data da formalización do préstamo: o 13-1-1998.

Data da solicitude de ampliación: o 16-1-2003.

Expediente: 36-T-0490/97.

Interesado: Ramón Otero Amoedo.

Último enderezo coñecido: avda. Ernestina Otero, nº 57, 3º E (Redondela).

Intentos de notificación persoal: o 5-3-2003 ás 13 h.

Data da formalización do préstamo: o 13-2-1998.

Data da solicitude de ampliación: o 14-2-2003.