Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 07 de maio de 2003 Páx. 5.750

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (327/2002).

En Santiago de Compostela o 19 de decembro de 2002.

Carlos López Picón, xuíz substituto do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade dictou.

En nome de S.M. El-Rei

A seguinte sentencia:

Vistos estes autos de xuízo de faltas número 327/2002, seguidos por furto, perante este xulgado, no que son parte denunciante Teresa Maza Martín, maior de idade, con domicilio na r/ Navas de Tolosa nº 4-2º drta., Valle de Trapaga (Biscaia-Bilbao), e como denunciado José Antonio Pombo Rojo, maior de idade con domicilio en r/ Operación Ladrillo, nº 9, Vidán, Santiago de Compostela. Mostrándose así mesmo parte o Ministerio Fiscal.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-As presentes actuacións iniciáronse en virtude de denuncia formulada ante a comisaría da policía nacional desta cidade, e declarándose o feito falta sinalouse día e hora para a celebración do xuízo verbal, acto ó que foron citados legalmente os interesados e o Ministerio Fiscal, concorrendo só a el a representación deste último.

Segundo.-A representación do Ministerio Fiscal, única parte interviniente na celebración do acto do xuízo non formulou acusación.

Terceiro.-Na tramitación destes autos observáronse as prescricións legais.

Feitos probados.

Primeiro.-Que o 16 de setembro de dous mil formulouse denuncia ante a comisaría da policía nacional de Santiago de Compostela, con base nos seguintes feitos: sobre as 15.30 horas do día 16 de setembro de 2000, o denunciado subtraeu o bolso propiedade da denunciante, que a tal tiña nunha cadeira da terraza do bar Carballeira sito na Rúa do Vilar de Santiago de Compostela, mentres esta tomaba unha consumición en unión doutro grupo de persoas.

Segundo.-Que a representación do Ministerio Fiscal no acto de xuízo non formulou acusación, sendo a única parte comparecente ó dito acto, sen que nel se propuxese e practicase proba ningunha.

Terceiro.-Que na tramitación deste procedemento penal obrserváronse as prescricións legais.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Que comparecendo ó acto do xuízo verbal de faltas soamente o representante do Ministerio Fiscal, e non formulando acusación, sen que por conseguinte ningunha das partes procedese á pro

posición e práctica de proba ningunha para efectos de acredita-la autoría dos feitos denunciados. E rexendo no sistema penal español o principio acusatorio conforme o cal a facultade de xulgar depende de que algunha das partes procesuais, xa sexa o Ministerio Fiscal ou o acusador particular exerzan a acción penal, pois só neste caso poderá o xuíz dictar sentencia condenatoria, quedando en caso de falta de acusación vinculado por este principio e compelido a dictar sentencia absolutoria, segundo doutrina sostida polo Tribunal Constitucional (st. 18-4-1985).

En consecuencia, facendo aplicación do exposto, ó presente suposto, ó non se soster acusación, procede dictar sentencia absolutoria.

Segundo.-As custas en aplicación do establecido nos artículos 123 do Código Penal e 239 e 240 da LAcrim. son declaradas de oficio.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Decido que debo absolver e absolvo a José Antonio Pombo Rojo dos feitos que se lle imputaban neste prcedemento, declarando as custas de oficio.

Notifíquese esta sentencia ás partes, facéndolles saber que contra ela poderán interpor recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución ante este xulgado, e perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE VIVEIRO