Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 07 de maio de 2003 Páx. 5.749

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE PONTEVEDRA

EDICTO (267/2001).

En virtude do acordado pola maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Pontevedra, no procedemento de referencia,

por medio deste edicto fáiselle saber ó demandado Benito Serén Pardo, que se dictou sentencia, que ten como encabezamento e parte dispositiva, o seguinte.

«Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Pontevedra.

Sentencia: 00140/2002.

Procedemento: divorcio contencioso 267/2001.

En Pontevedra, vintecatro de outubro de dous mil dous.

María Aurelia Montenegro Arce, maxistrada xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Pontevedra e o seu partido, tendo vistos os presentes autos de divorcio contencioso 267/2001 seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha como demandante María Encarnación Rodríguez Nieto con procuradora María José Giménez Campos e letrada Milagros Areán Reigosa, e doutra como demandado Benito Serén Pardo, declarado en situación de rebeldía procesual, sobre divorcio contencioso, e, con intervención do Ministerio Fiscal.

Decido que, estimando a demanda interposta pola procuradora Giménez, en nome e representación de María Encarnación Rodríguez Nieto, contra Benito Serén Pardo, en situación de rebeldía procesual; debo decretar e decreto a disolución por divorcio do matrimonio de María Encarnación Rodríguez Nieto e Benito Serén Pardo, e debo acordar e acordo as seguintes medidas:

Primeira: mante-la vixencia das medidas, que respecto á pensión de alimentos para o fillo menor se acordaron na sentencia de separación de data 31-7-1999.

Segunda: privar totalmente o pai da patria potestade sobre o fillo menor, por incumprir gravemente os deberes inherentes a esta.

Terceira: extingui-lo réxime de visitas establecido a favor do pai, na sentencia de separación de data 31-7-1999.

Esta sentencia non é firme e contra esta cabe interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, dentro dos cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Benito Serén Pardo, esténdese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Pontevedra, trinta e un de outubro de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA