Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 07 de maio de 2003 Páx. 5.751

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE VIVEIRO

EDICTO (124/2002).

Que neste xulgado se segue o procedemento arriba indicado no cal recaeu sentencia estimatoria, demanda con data 14-10-2002 que na parte dispositiva refire: «1. Que Rebeca Felicia Valella é dona en pleno dominio e a título privativo do predio rexistral número 7.780 do Rexistro da Propiedade de Viveiro a descrición do cal é a seguinte: urbana. Casa sinalada co número 41 da rúa Rosalía de Castro de Viveiro, composta de planta baixa, dous pisos altos e outra planta máis baixo cuberta, aproveitando o desnivel do tellado. Ocupa unha superficie de vinteún metros cadrados. 2. Ordénase a inscrición de tal inmoble a nome da anterior con cancelación das cargas e gravames seguintes: pensión de tres pesetas e setenta e cinco céntimos que se di na súa anotación letra A a favor do perceptor das rendas da capela de San Xoán Evanxelista, pacto de retrovenda por seis anos contados desde a data da escritura a prol das vendedoras Petra e Irene Rodríguez Seoane e

dereito de arrendamento a prol das anteriores que constan na inscrición 3ª do predio. 3. Condénanse os demandados a estar e pasar polos anteriores pronunciamentos. 4. Non se fai imposición das custas procesuais.

E para que conste e sirva de notificación en forma ós demandados Petra e Irene Rodríguez Seoane, o perceptor das rendas da capela de San Xoán Evanxelista, e as persoas descoñecidas e incertas ás que poidan prexudica-las declaracións que se formulan, significando que a resolución que se indica é susceptible de recurso de apelación que se interpoñerá no prazo de cinco días contados desde a súa notificación perante este xulgado, expido e asino este edicto en Viveiro o dezasete de outubro de dous mil dous».

A secretaria

Rubricado