Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 07 de maio de 2003 Páx. 5.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 8 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, sobre notificación da apertura do expediente de revogación da autorización administrativa para o exercicio da actividade de corredor de seguros, a Enrique Vilela García.

Este centro directivo, no exercicio das súas competencias de control administrativo e inspección do exercicio da actividade de corredoría de seguros, conforme o artigo 10 do Decreto 118/2001, do 10 de maio, polo que se regulan as competencias da Comunidade Autónoma en materia de mediación en seguros privados, intentou infructuosamente que o corredor de seguros, Enrique Vilela García, remitise copia dos recibos aboados pola póliza do seguro de responsabilidade civil obrigatorio, correspondentes ós anos 2000, 2001, 2002 e 2003, e a relación das compañías aseguradoras coas que traballa.

Intentadas dúas notificacións no domicilio indicado para estes efectos polo interesado, con datas de rexistro de saída do 7-2-2003 e 31-3-2003, non se puido verificar se Enrique Vilela García cumpre os requisitos necesarios para conserva-la autorización administrativa, de conformidade co artigo 6 do Decreto 118/2001.

De acordo co establecido no artigo 9 do citado decreto, a revogación da autorización administrativa para exerce-la actividade de corredoría de seguros poderá ser acordada pola Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, unha vez instruído o expediente con audiencia do interesado, por deixar de

cumprir algún dos requisitos esixidos para a concesión e conservación da autorización.

Con base en todo o anterior, este centro directivo procedeu a incoa-lo expediente de revogación da autorización administrativa para o exercicio da actividade de corredor de seguros. Concédeselle ó interesado trámite de audiencia e pónselle de manifesto o expediente para que no prazo de quince días, de acordo co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, presente nesta dirección xeral a documentación antes citada así como as alegacións ou xustificacións que coide pertinentes.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2003.

José Álvarez Cobelas

Director xeral de Política Financeira e Tesouro

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA