Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 06 de maio de 2003 Páx. 5.658

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da cafetería do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña (concesionaria Serunión, S.A.).

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo da cafetería do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña (concesionaria Serunión, S.A.), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 3-3-2003, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo delegado de persoal o día 20-2-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta

nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Concliiación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de marzo de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo do persoal da cafetería de persoal do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

Asistentes.

Parte empresarial:

Elena Arribas Cid.

Juan Vicente Selva.

Parte social:

José Manuel Álvarez Rodríguez.

Soledad Méndez Rodríguez (asesora de CC.OO.).

Na Coruña, 20 de febreiro de 2003.

Reúnense as partes arriba mencionadas para acorda-los seguintes puntos:

Primeiro.-Decídese aproba-lo incremento salarial para o 2003 no IPC establecido polo INE para o ano 2002 dun 4%; aténdonos ó artigo 5 do convenio colectivo do persoal da cafetería do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, xa que ningunha das partes denunciou o convenio en data e forma fixada por este.

CategoríaSalario baseComplemento

transporte

Comp. cantid.

trab. mensual

Complemento

vestiario mens.

Xerente867,73 A44,87 A74,57 A7,06 A

Oficial adm.742,64 A44,87 A74,57 A7,06 A

Encargado/a742,64 A44,87 A74,57 A7,06 A

Cociñeiro/a742,64 A44,87 A74,57 A7,06 A

Camareiro/a742,64 A44,87 A74,57 A7,06 A

Axudante715,92 A44,87 A74,57 A7,06 A

Fregador/a715,92 A44,87 A74,57 A7,06 A

Segundo.-Chégase ó acordo de que os festivos traballadores e non compensados con outros festivos ou domingos se compensarán cun día de descanso que se concederá seguido ós dous días de descanso semanais máis unha compensación en diñeiro de 12 euros.

Terceiro.-Os traballadores poderán optar libremente, ben, polo aboamento do custo que ten a empresa dun par de zapatos ou ben que a empresa lle faga entrega do par de zapatos.

Cuarto.-Facúltase a Soledad Méndez Rodríguez para que leve a cabo as dilixencias pertinentes ante o órgano competente para a publicación e rexistro desta acta.