Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 06 de maio de 2003 Páx. 5.656

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Elaborados Metálicos, S.A. (Emesa).

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Elaborados Metálicos, S.A. (Emesa), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 7-2-2003, complementado o 6-3-2003, subscrito en representación da parte económica pola empresa e, da parte social, polo comité de empresa o día 24-1-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maIo, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de marzo de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Revisión salarial do convenio colectivo da empresa

Elaborados Metálicos, S.A. (Emesa)

Acta de aprobación das táboas salariais revisadas do ano 2002, de Elaborados Metálicos, S.A. (Emesa):

Na Coruña, nos locais do centro de traballo de Elaborados Metálicos, S.A. (Emesa), na rúa Newton, s/n, sendo as doce horas do día 24 de xaneiro de 2003, xúntase a comisión negociadora do convenio colectivo de Elaborados Metálicos, S.A. (Emesa) anos 2001/2002, á que asisten os integrantes destas que a continuación se relacionan:

Asistentes:

-Pola representación empresarial:

Javier de Meer de Ribera (50395985-H).

Lino H. Fojo Arias (32602761-P).

Juan L. Doldán Vázquez (76344058-C).

Josefa Seijo Vázquez (32414577-X).

-Polo comité de empresa:

Manuel Becerra Pan (32342288-X).

José Esmorís Boquete (32412765-S).

José L. Codesido Romero (32312411-X).

Ángel Moncada Ochoa (32419776-B).

José L. Pazos Añón (32410741-S).

Emilio Sanmartín López (32384082-J).

Antonio Lage Otero (32404484-Z).

Floro F. Seoane Iglesias (76476445-L).

O obxecto da reunión é a aprobación das táboas salariais revisadas de 2002, de conformidade co estipulado no artigo 26 do convenio colectivo de Elaborados Metálicos, S.A., incrementadas de acordo coa diferencia entre o IPC real e o IPC previsto para o ano 2002 (2%).

Distribuídas entre os asistentes as táboas salariais, tras analizarse, son encontradas conformes e aprobadas por unanimidade, sendo asinadas en tódalas súas follas polos membros da comisión negociadora, tralo cal se acorda unilas a esta acta.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 13 horas do mesmo día, estendendo esta acta que, lida, é encontrada conforme por tódolos asistentes, sendo asinada por todos eles en proba de aceptación.

ANEXO

Emesa. Convenio 2002

Incremento 5% (IPC real+1,0)

(Con valores revisados)

Táboa I. Salario convenio e complemento persoal

Categoría

Valor mes

Complemento persoal valor/mes/trienio

Enxeñeiros e licenciados1.347,57 22,62
Enxeñeiros técnicos/diplom. universitarios1.221,19 19,14

Categoría

Valor mes

Complemento persoal valor/mes/trienio

Axudante de enxeñeiro1.107,52 18,60
Xefe de taller1.107,52 17,79
Xefe de quenda ou sector1.087,15 17,79
Mestre de taller1.031,55 16,82
Delineante proxectista1.071,95 17,50
Delineante de 1ª1.000,73 16,69
Delineante de 2ª942,75 16,25
Auxiliar oficina técnica907,86 15,69
Xefe organización de 1ª1.071,95 17,79
Xefe organización de 2ª1.060,55 17,36
Técnico organización de 1ª1.000,73 16,69
Técnico organización de 2ª942,75 16,25
Auxiliar organización907,86 15,69
Xefe 1ª administración1.107,52 17,87
Xefe 2ª administración1.087,13 17,36
Oficial 1ª administración994,36 16,69
Oficial 2ª administración951,96 16,25
Auxiliar administración899,27 15,69
Chofer camión931,74 16,02
Xefe de equipo936,61 16,23
Oficial 1ª homologado936,61 16,23
Oficial 1ª936,61 16,23
Oficial 2ª917,86 16,04
Oficial 3ª895,89 16,04
Especialista891,27 16,04

Táboa II. Asignación complementaria

Complemento xefe de equipo e oficial de 1ª homologado

CategoríaValor día

Xefe de equipo1,92
Oficial 1ª homologado0,96

Táboa III. Complemento nocturno

CategoríaValor día

Xefe de equipo3,40
Oficial 1ª homologado3,40
Oficial 1ª3,40
Oficial 2ª3,33
Oficial 3ª3,32
Especialista3,30
Chofer camión3,40

Complemento de transporte mensual

(exentos de cotización: 86,69 euros/mes)

146,96

Gratificación especial de setembro345,17

Táboa IV. Complemento por traballos tóxicos, penosos e perigosos.

Ano 2002 c/rev.

Categoría

2002

S/CP

V/Día

2002

CP 1T

V/Día

2002

CP 2T

V/Día

2002

CP 3T

V/Día

2002

CP 4T

V/Día

2002

CP 5T

V/Día

2002

CP 6T

V/Día

2002

CP 7T

V/Día

2002

CP 8T

V/Día

Xefe de equipo, ofic. 1ª homol., ofic. 1ª1,771,922,042,192,332,452,592,722,85

Oficial 2ª1,751,902,032,172,302,432,572,702,83

Ofic. 3ª e espclista.1,741,892,002,142,272,402,552,652,77

Xefe de sector2,002,152,302,432,592,732,873,033,17

Mestre 1ª e 2ª1,892,022,162,312,432,592,722,862,99

* Naqueles supostos nos que singularmente concorresen de xeito manifesto a excepcional penosidade, a toxicidade e a marcada perigosidade superior ó risco normal da industria, estes valores terán un incremento do 25%, se concorresen dúas circunstancias das sinaladas, e dun 30% se fosen tres.

Táboa V. Horas extraordinarias

CategoríaHoras extras laborablesHoras extras festivos

Xefe de equipo10,4513,68
Oficial 1ª homologado9,4412,63
Oficial 1ª9,4412,63
Oficial 2ª8,5111,30
Oficial 3ª7,599,94
Especialista6,588,91
Chofer camión9,4312,63
Xefe 2ª administración9,4312,63
Oficial 1ª administración9,4312,63
Oficial 2ª administración8,5111,30
Auxiliar administración7,599,94
Xefe de quenda ou sector10,4513,68
Mestre de taller10,4513,68
Delineante proxectista10,4513,68
Delineante de 1ª9,4312,63
Delineante de 2ª8,5110,96
Auxiliar oficina técnica7,599,94
Axudante de enxeñeiro9,0012,31
Técnico organización de 1ª9,4312,63
Técnico organización de 2ª8,5110,96
Auxiliar organización7,599,94
Xefe organización de 1ª10,4513,68
Xefe organización de 2ª10,4513,68

Axudas de custo e desprazamentos

Fóra de Galicia38,91

Galicia, a máis de 60 km28,59

Galicia, entre 12 e 60 km17,16

Media axuda de custo (desde límite municipal ata 12 km)

(distancia contada desde a factoría da Grela)10,96