Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 06 de maio de 2003 Páx. 5.654

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de Unión de Empresas Madereras, S.A.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo de Unión de Empresas Madereras, S.A. (Unemsa), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 27-2-2003, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social

polo comité de empresa o día 20-2-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 5 de marzo de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Asistentes.

Empresa:

Marcelino Olcoz López.

Alfonso Blanco Figueiras.

Comité de empresa:

José Vecino Seoane.

Antonio Sánchez Balsa.

Jesús Remuiñán Pérez.

Luis Cendán Prado.

Acta:

En Carballo, ás 11 horas do día 20 de febreiro de 2003, reúnense os representantes do comité de empresa de Unemsa conxuntamente cos representantes da empresa.

Ámbalas dúas partes chegaron ós seguintes acordos:

Primeiro: tódolos conceptos salariais se incrementarán no IPC de 2002 (4,0%).

Segundo: os demais termos do convenio quedan vixentes tal como están xa establecidos.

Terceiro: os incrementos económicos derivados da aplicación do presente convenio aboaranse a partir do un de xaneiro de dous mil tres e faranse efectivos na nómina de febreiro de 2003.

Ámbalas dúas partes aproban unanimemente a actualización do convenio colectivo para a empresa Unemsa, asinándoo en proba de conformidade na data anteriormente indicada e se presente na Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Xus

tiza, Interior e Administración Local, para que sexa inserido no Diario Oficial de Galicia e BOP da Coruña.

Convenio colectivo de traballo para aglomerados de madeira da empresa Unemsa

Revisión ó 1-1-2003 (en cumprimento do artigo 5º do convenio de 2002)

Artigo 17º.-Antigüidade.

Consistirá en quinquenios de contía de 33,16 euros mensuais, igual para tódalas categorías. A data inicial de cómputo de antigüidade será a do ingreso do traballador na empresa calquera que sexa a categoría coa que ingrese.

Unicamente non se computará para antigüidade o tempo que se permanecese en situación de excedencia voluntaria.

A antigüidade comezarase a devengar a partir do día 1 do mes seguinte a aquel en que se cumpre o quinquenio.

Artigo 18º.-Complementos.

a) Complemento de nocturnidade: os traballadores que presten os seus servicios entre as 22 e 6 horas percibirán un 25% do seu respectivo salario de convenio en concepto de complemento de nocturnidade, por cada xornada traballada.

b) Complemento de tres quendas: os traballadores en réxime de tres quendas de traballo con descanso dominical percibirán por cada mes traballado neste réxime a cantidade de 46,57 euros.

c) Complemento de traballo ininterrompido: os traballadores en réxime de tres quendas de traballo con catro quendas de persoal percibirán por este concepto 160,08 euros mensuais.

d) Complemento de xornada partida: os traballadores en réxime de xornada partida percibirán por este concepto 24,06 euros mensuais.

Artigo 22º.-Quebranto de moeda.

Os pagadores percibirán por este concepto a cantidade de 33,74 euros mensuais.

Artigo 25º.-Mellora social.

Todo o persoal que traballe a xornada partida poderá realiza-lo xantar no bar, séndolle deducido do importe total da comida a cantidade de 3,71 euros, por seren estas aboadas pola empresa, a partir do día 1 de xaneiro de 2003.

A empresa asume o incremento do IPC correspondente ó importe total a satisfacer pola empresa e o persoal durante os tres anos de vixencia do presente convenio.

Artigo 28º.-Póliza de seguro.

A empresa garante para o 2003 unha póliza de cobertura colectiva das mesmas condicións e cobertura de continxencia vixente:

-Por morte natural: 1.925,79 euros.

-Por accidente e invalidez permanente: 12.838,58 euros.

Estas cantidades serán actualizadas en función das variacións que anualmente experimente o IPC durante a vixencia deste convenio.

O comité de empresa xestionará a póliza de seguros coas mesmas condicións de risco actuais.

Da dita xestión o comité informará a empresa, co fin de que esta poida acepta-las correspondentes primas ou facilitarlle ó comité unha licitación mellor.

Artigo 31º.-Complemento de locomoción.

Establécese un complemento de locomoción para tódolos traballadores por uns importes que figuran nas táboas anexas. O dito complemento estará referido a días efectivos de traballo polo que, de producirse algunha ausencia a este que non encaixe dentro daqueles supostos nos que a empresa está obrigada a aboa-la retribución completa, descontarase a parte proporcional correspondente ós días de ausencia no mes, en relación cos días laborables deste, ata un máximo de 81,48 euros.

Artigo 38º.-Transporte.

A empresa aboará a quen teña o seu domicilio a máis de 2 quilómetros do centro de traballo, a cantidade de 0,062 euros/km e figurará na nómina separado do complemento de locomoción.

ANEXO I

Categorías

Salario

mes

euros

Salario

día

euros

Salario

ano

euros

Persoal de fabricación:

Peón685,6722,569.873,68

Peón especialista691,3622,749.955,60

Capataz peóns706,1523,2310.168,55

Axudante706,1523,2310.168,55

Oficial de segunda733,9724,1410.569,16

Oficial de primeira785,5325,8411.311,67

Xefe de equipo937,1530,8313.495,02

Xefe de quenda960,8931,6113.836,78

Encargado de sección985,1532,4114.186,17

Persoal de mantemento:

Aprendiz523,5617,227.539,22

Oficial de terceira745,3924,5210.733,60

Oficial de segunda809,8026,6411.661,06

Oficial de primeira890,7529,3012.826,79

Xefe de equipo1.032,1333,9514.862,63

Xefe de taller1.323,6643,5419.060,70

Xefe de mantemento1.471,0848,3921.183,55

Persoal subalterno:

Dep. econ./pesador/ordenanza705,2223,2010.155,23

Porteiro/vixilante/garda/listeiro/almaceneiro/chofer turismo742,1424,4110.686,87

Conductor mecánico790,4126,0011.381,91

Persoal administrativo:

Aspirante620,0220,408.928,24

Auxiliar/telefon./mecanóg.704,4423,1710.143,99

Oficial de segunda835,4927,4812.031,12

Oficial de primeira927,2130,5013.351,85

Xefe1.040,2834,2214.980,04

Xefe administrativo1.275,3941,9518.365,67

Categorías

Salario

mes

euros

Salario

día

euros

Salario

ano

euros

Persoal técnico:

Analista705,2223,2010.155,23

Delineante835,4927,4812.031,12

ATS801,0526,3511.535,11

Perito946,9031,1513.635,35

Técnico proxectista964,8831,7413.894,28

Licenciado/enxeñeiro1.275,3941,9518.365,67

ANEXO II

Categorías

Hora

normal

euros

Hora

extra

euros

Hora

fest. noct.

euros

Persoal de fabricación:

Peón5,659,8811,29

Peón especialista5,689,9411,36

Capataz peóns5,7410,0511,48

Axudante5,7410,0511,48

Oficial de segunda6,0110,5212,02

Oficial de primeira6,4211,2312,83

Xefe de equipo7,4212,9814,83

Xefe de quenda7,6213,3415,25

Encargado de sección7,7913,6315,58

Persoal de mantemento:

Aprendiz4,207,358,40

Oficial de terceira6,0110,5212,02

Oficial de segunda6,4911,3612,98

Oficial de primeira7,1712,5414,33

Xefe de equipo8,3714,6516,74

Xefe de taller10,5418,4421,07

Xefe de mantemento11,8920,8023,77

Persoal subalterno:

Dep. econ./pesador/ordenanza5,7410,0511,48

Porteiro/vixilante/garda/listeiro/almaceneiro/chofer turismo6,0610,6112,13

Conductor mecánico6,5811,5213,17

Persoal administrativo:

Aspirante4,958,669,90

Auxiliar/telefon./mecanóg.5,609,7911,19

Oficial de segunda6,6511,6313,29

Oficial de primeira7,3712,9014,75

Xefe8,2714,4716,54

Xefe administrativo10,1117,6920,22

Persoal técnico:

Analista5,579,7611,15

Delineante6,6511,6313,29

ATS

Perito7,5113,1415,02

Técnico proxectista7,6613,4115,33

Licenciado/enxeñeiro10,1117,6920,22

ANEXO III

Complemento locomoción

Categorías

Dous/tres e catro

quendas* (euros)

Persoal de fabricación:

Peón126,68

Peón especialista126,95

Capataz peóns127,70

Axudante127,70

Oficial de segunda129,08

Oficial de primeira131,67

Categorías

Dous/tres e catro

quendas* (euros)

Xefe de equipo139,29

Xefe de quenda140,49

Encargado de sección141,70

Persoal de mantemento:

Aprendiz118,55

Oficial de terceira129,70

Oficial de segunda132,88

Oficial de primeira136,98

Xefe de equipo144,03

Xefe de taller158,68

Xefe de mantemento166,03

Persoal subalterno:

Dep. econ./pesador/ordenanza127,67

Porteiro/vixilante/garda/listeiro/almaceneiro/chofer turismo129,51

Conductor mecánico131,94

Tódolos traballadores a xornada partida percibirán 81,48 euros en concepto de complemento de locomoción.

(*) Tres quendas con catro de persoal.