Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 06 de maio de 2003 Páx. 5.659

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2003 pola que se convoca un curso sobre dilixencias á autoridade xudicial por alcoholemias.

Dentro das actividades programadas para o ano 2003 en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e a Deputación Provincial de Pontevedra, anúnciase a celebración dun curso sobre dilixencias á autoridade xudicial por alcoholemias, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

O curso ten por obxectivo xeral dota-los policías dos coñecementos normativos e operativos fundamentais para o trámite de todo tipo de dilixencias relacionadas co tráfico e a seguridade viaria. Así como coñece-la actualización recente sobre delictos que se van xulgar polo procedemento de urxencia e tódolos aspectos relacionados con eles.

Publicación.

Esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra.

Destinatarios.

O curso vai dirixido ós membros dos corpos de policía local da provincia de Pontevedra.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

30 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 20 de maio de 2003, ás 14 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Deputación Provincial de Pontevedra (Área de Recursos Huma-

nos e Formación (Fax: 986 80 41 41): avda. Montero Ríos, s/n, 36001 Pontevedra; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase en datas do 26 ó 30 de maio de 2003.

O horario será de 16.30 a 20.30 horas.

Contido.

O curso desenvolverase en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse os seguintes módulos:

I. Os accidentes e os delictos contra a seguridade do tráfico, desde o punto de vista xudicial. Tipos e clases. A adopción de medidas cautelares.

II. O atestado policial. Conceptos e dilixencias xerais do atestado.

III. O atestado por accidente de tráfico. Dilixencias e informes necesarios que deben completa-lo atestado. A investigación de accidentes de tráfico.

IV. A alcoholemia nos conductores. A intervención policial nestes casos. Dilixencias que deben desenvolver segundo as circunstancias.

V. Outros delictos contra a seguridade do tráfico. A súa importancia. A instrucción de atestados e as dilixencias que comprenden.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase pública o día 22 de maio a partires das 14 horas, tanto pola Deputación Provincial de Pontevedra como pola Academia Galega de Seguridade, que os interesados poden coñecer e confirma-la súa asistencia chamando ós teléfonos 986 59 00 21 (AGS) ou 986 80 41 00 ext. 306/307 (Área de Recursos Humanos e Formación da Deputación Provincial de Pontevedra).

Lugar.

O curso desenvolverase na Casa da Cultura, sita na Praia de Rodeira, s/n, 36940 Cangas.

Certificado de asistencia.

Ó remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada.

Modificacións.

Tanto a Academia Galega de Seguridade como a Deputación Provincial de Pontevedra, se é o caso, poderán modifica-lo desenvolvemento normal do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 22 de abril de 2003.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade