Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 06 de maio de 2003 Páx. 5.650

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 241/2003, do 24 de abril, polo que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 4 e 5 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, e no artigo 7 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei, e atendendo á designación formalizada pola Federación de Centros de Educación e Xestión en Galicia, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintecatro de abril de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cese como membro do Consello Escolar de Galicia, en representación dos titulares de centros privados, Joaquín Nieto Isidro (Federación de Centros de Educación e Xestión en Galicia).

Artigo 2º

Noméase membro do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas na Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, en representación dos titulares de centros privados proposto pola Federación de Centros de Educación e Xestión en Galicia, a José Luis Baños González.

Artigo 3º

O mandato será polo tempo que resta para completa-lo mandato na representación que detén e ata que se proceda á legal renovación por metades que establece o artigo 9 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia.

Disposición derradeira

Única.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintecatro de abril de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria