Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 06 de maio de 2003 Páx. 5.650

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 240/2003, do 10 de abril, polo que se nomean varios membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo 3º, e 9.1º da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (publicado no DOG nº 133, do 12 de xullo), e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste (publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear como membros titulares do Consello Económico e Social de Galicia en representación da

Confederación de Empresarios de Galicia a Pablo Rancaño Otero e a Julia Vázquez Losada.

Artigo 2º

Nomear como membros suplentes do Consello Económico e Social de Galicia en representación da Confederación de Empresarios de Galicia a Ana Centeno Ruiz e a Eduardo Núñez Prado.

Santiago de Compostela, dez de abril de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente