Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 06 de maio de 2003 Páx. 5.650

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 239/2003, do 10 de abril, polo que se dispón o cesamento de varios membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9, parágrafo 1º, inciso segundo, e 10 f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (publicado no DOG nº 133, do 12 de xullo), e nos artigos 8 e 9 e) do Regulamento de réxime interno deste (publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cesen como membros titulares do Consello Económico e Social de Galicia en representación da Confederación de Empresarios de Galicia Antonio Martínez Vázquez e Eduardo Jiménez Domínguez.

Artigo 2º

Que cesen como membros suplentes do Consello Económico e Social de Galicia en representación da Confederación de Empresarios de Galicia Cristina Sanz Arias, Julio de Santiago Boullón e Pablo Rancaño Otero.

Santiago de Compostela, dez de abril de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente