Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 06 de maio de 2003 Páx. 5.651

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2003 pola que se fai público o acordo do Parlamento de Galicia relativo á elección de dous membros do Consello de Contas de Galicia.

O Pleno do Parlamento de Galicia, na súa sesión do día 22 de abril de 2003, acordou elixir, de conformidade co establecido no artigo 12.1º da Lei 6/1985, do 24 de xuño, membros do Consello de Contas de Galicia, por 67 votos a favor, a Joaquín Álvarez Corbacho e a Francisco Javier Constenla Acasuso.

O que se publica para xeral coñecemento, e para os efectos establecidos nos artigos 65 e concordantes do Regulamento do Parlamento de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2003.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia