Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 06 de maio de 2003 Páx. 5.651

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de abril de 2003 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria Eugenio López y López de Ferrol (A Coruña).

Tendo en conta o artigo 3 punto 1º do anexo do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, (DOG do 9 de agosto), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Ferrol.

Localidade: Ferrol.

Código do centro: 15006687.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria Eugenio López y López.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria de Catabois.