Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.603

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (986/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, da fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 986/2002, por instancia de Clifford Paul da Prato Pollit contra W.S.I. Coruña, S.L. sobre despedimento nos que recaeu sentencia con data do 27-3-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido: que estimando a demanda promovida por Clifford Paul da Prato Pollit contra W.S.I. Coruña, S.L. debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ó demandante e, así mesmo, extinguida a relación laboral que unía os litigantes o día de hoxe, condenando á demandada a estar e aterse á anterior declaración e ó aboamento da cantidade de 2.326,25 A en concepto de indemnización.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, é indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado na conta, aberta en Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. e Banco de Vitoria, S.A.), co número 5605.0000 60 0986 02, a cantiade obxecto de condena. Poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non se poderá ter por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar, ademais, a cantidade de 150,25 A na mesma conta 5605 0000 65 0986 02 e entrega-lo xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso, que se declarará desistido de non contituírse este depósito na forma indicada.

Definitivamente xulgando en primeira instancia, pronuncioo, mándoo e asinoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa W.S.I. Coruña, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 27 de marzo de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado