Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.604

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (870/2002).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dou fe e testemuño, de que nos autos de xuízo número 870/2002, seguidos por instancia de Óscar Rodríguez López, contra a empresa Fonbrán Gas, S.L. e outro sobre cantidade, se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia.

Lugo, vintesete de marzo do ano dous mil tres.

Vistos por Mª de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, os autos de xuízo verbal número 870/2002 sobre reclamación por cantidade, no que son partes como demandante Óscar Rodríguez López, asistido do letrado Xermán Vázquez Díaz e como parte demandada a empresa Fonbrán Gas, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, os cales non compareceron a pesar de estaren citados en forma legal.

Decido que desestimando a demanda deducida por Óscar Rodríguez López, debo absolver e absolvo os demandados empresa Fonbrán Gas, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), dos pedimentos deducidos na súa contra en materia de reclamación de cantidades salariais.

Notifíquese esta sentencia ós representantes legais das partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste Xulgado do Social ante o que deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral.

Así por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. Mª de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado.

Publicación.

A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, atopándose celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu secretario certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Fonbrán Gas, S.L. en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o vintesete de marzo de dous mil tres.

O secretario

Rubricado