Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.603

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (655/2002).

Eu, Jaime Balado Yañez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que en autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 655/2002 por instancia de María José Vilas Cancela e outros contra as empresa El Partido de A Coruña, S.L., El Partido de Barcelona, S.L. e Fogasa sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

«Sentencia. Na cidade da Coruña, o 27 de marzo de 2003, Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous da Coruña, viu os presentes autos de xuízo número 655/2002, seguidos por instancia de María José Vilas Cancela e outros, maiores de idade, asistidos polo letrado Benito Lodos Martínez, contra as empresas El Partido de A Coruña, S.L., El Partido de Barcelona, S.L. que non comparecen en autos, e o Fogasa, representado e asistido pola letrada Enma Pérez Díez del Corral, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta polos actores María José Vilas Cancela, Ramiro Freire Sánchez e Juan García Chas, coa intervención do Fogasa, condenando as empresas El Partido de A Coruña, S.L. e El Partido de Barcelona, S.L. a

que abonen ós actores as seguintes cantidades: a María José Vilas Cancela, 4.507,60 euros, a Ramiro Freire Sánchez, 2.103,55 euros e a Juan García Chas, 1.803,05 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 0030-6349-0000-5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E, así mesmo, deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa El Partido de A Coruña, S.L., que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña, 27 de marzo de 2003.

O secretario xuridicial

Rubricado