Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.602

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (362/2002).

En nome de El-Rei.

En Santiago de Compostela o 5 de febreiro de 2003.

María Fe López Juiz, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela dictou o presente edicto no xuízo de faltas 362/2002 no que é parte denunciante Arsenio Elvira García e parte denunciada Noemi Elvira Sánchez, e intervindo o Ministerio Fiscal.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Estas actuacións incoáronse en virtude de denuncia verbal presentada en data 3 de agosto de 2002. Trala citación das partes para xuízo, este celebrouse o 28 de xaneiro de 2003, co resultado que consta na acta.

Segundo.-En data 12 de agosto de 2002, Noemi Elvira Sánchez presenta denuncia por inxurias contra seu pai Arsenio Elvira.

Terceiro.-Por auto de data 22 de xaneiro de 2003 procédese á acumulación de ámbalas faltas con base no artigo 300 da LAC. Cítanse as partes a xuízo oral para a data do 28 de xaneiro de 2003.

Cuarto.-Que na data do 24 de xaneiro de 2003, Noemi Elvira renuncia a tódalas accións penais e civís que lles corresponda. Así mesmo, en data 28 de xaneiro de 2003 Arsenio Elvira García renuncia tamén ás accións penais e civís.

Quinto.-No acto da vista as partes non compareceron malia estaren citadas en forma con tódalas garantías legais, non formulando acusación o Ministerio Fiscal.

Feitos probados

Único.-Que en data 3 de agosto de 2002, Arsenio Elvira presenta denuncia por lesións, e en data 12 de agosto de 2002 presenta denuncia Noemi Elvira por inxurias, non se probando os feitos relatados nas respectivas denuncias incomparece-las partes no acto de xuízo oral logo de renuncias presentadas por eles, non formulando acusación o Ministerio Fiscal por falta de probas.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Procede dictar unha sentencia absolutoria, pois o sistema penal español esixe para a imposición de condena penal a proba plena da acusación, tendo en conta do que non resulta acreditados os feitos que se lle imputan ó denunciado, procede conforme o principio in dubio pro reo e o artigo 24 da Constitución dictar sentencia absolutoria.

Ademais, segundo a doutrina sentada polo Tribunal Constitucional (st. 18 de abril de 1985), no sistema penal español rexe o principio acusatorio conforme o cal, a facultade de xulgar depende de que algunha das partes procesuais, xa sexa o Ministerio Fiscal ou o acusador particular exerzan a acción penal, posto que só neste caso poderá o xuíz dictar

sentencia condenatoria, quedando en caso de falta de acusación, vinculado por este e compelido a dictar sentencia absolutoria.

En consecuencia, facendo aplicación do exposto ó presente caso, ó non soster acusación, ningunha das partes, sen que vistas as circunstancias do caso procede facer uso da facultade establecida no artigo 644 da LAC nin por analoxía do previsto no artigo 733 do mesmo corpo penal procede citar sentencia absolutoria.

Segundo.-De conformidade co establecido nos e 240 da LAC, procede declarar as custas de oficio.

Decido que debo absolver e absolvo a Arsenio Elvira García e a Noemi Elvira da falta de lesións e inxurias que se lles imputa.

En canto ás custas procesuais, deberá rexe-lo disposto no último fundamento de dereito.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poderán interpor ante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días seguintes ó da súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

Maxistrada-xuíza

Rubricado