Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.601

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (304/2001).

En Santiago de compostela o 20 de decembro de 2002, vistos por Carlos López Picon, xuíz substituto do Xulgado Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, os presentes autos de xuízo de faltas nº 304/2001, seguidos por ameazas, sendo parte denunciante Ramón Vicente Moure Iglesias, maior de idade, con domicilio no Campo da Angustia nº 17-A, de Santiago de Compostela; e denunciado José Carlos Regueira Gómez, con domicilio na Rúa de San Pedro nº 29, 2º, de Santiago de Compostela.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Neste xulgado recibíronse as presentes actuacións que preceden en virtude de denuncia formulada pola Comisaría da Policía Nacional desta cidade, e logo dos trámites legais, dictouse resolución na que se sinalaba día e hora para a celebración do correspondente xuízo de faltas, citándose o Ministerio Fiscal e as partes implicadas.

Segundo.-No día e hora sinalados de celebración do xuízo verbal, non compareceu ó acto ningunha das partes, sen que por iso se formulase ningunha acusación.

Terceiro.-Que no presente procedemento penal de xuízo de faltas observáronse na súa tramitación tódalas prescricións legais.

Feitos probados.

Primeiro.-Que as presentes actuacións se iniciaron en virtude de denuncia formulada por Ramón Vicente Moure Iglesias, o día 20-6-2002 ante a Comisaría de Policía Nacional de Santiago de Compostela, contra o denunciado e baseándose nos seguintes feitos: que cando ía camiñando pola rúa da Angustia, sobre as 12.30 horas (na mesma data da denuncia), o denunciado, ó pasar polo seu lado, ameazouno dicíndolle «se te volves cruzar coa miña noiva ou a túa ex muller, valo pasar moi mal e a proba está no teu coche», para posteriormente e en presencia da policía, volvelo ameazar dicíndolle «non sabes con quen a estás xogando, como te colla voute partir pola metade».

Segundo.-Que á celebración do acto do xuízo verbal de faltas, non compareceu ningunha das partes, sen que nel se formulase acusación e por conseguinte se propuxese e practicase ningunha proba sobre os feitos denunciados.

Fundamentos de dereito.

Único.-Que non comparecendo ningunha das partes ó xuízo de faltas, na data e hora sinaladas, sen que se formulase acusación e rexéndose polo sistema penal español e polo principio acusatorio, segundo doutrina establecida polo Tribunal Constitucional (st. 18-4-1985), consonte a cal, a facultade de xulgar depende de que algunha das partes procesuais, xa sexa o Ministerio Fiscal como acusación pública, ou o acusador particular exerzan a acción penal, pois só neste caso poderá o xuíz dictar sentencia condenatoria, quedando en caso contrario de falta de acusación vinculado por este principio e compelido a dictar sentencia absolutoria.

En consecuencia procede dictar sentencia absolutoria, ó non se ter sostido acusación por ningunha das partes.

Segundo.-As custas deben ser declaradas de oficio consonte o establecido nos artigos 123 do Código Penal e 239 e 240 da LAC.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Decido que debo absolver e absolvo a José Carlos Regueira Gómez como autor dos feitos que se lle imputaban, declarando a custas de oficio.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela, poderán interpoñer recurso de apelación, no prazo de cinco días, contados desde a súa notificación perante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por este miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O xuíz substituto

Rubricado