Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.601

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO, SECCIÓN SEGUNDA)

ANUNCIO (4001/2003).

Por medio deste anuncio, para a súa publicación, para os efectos previdos no artigo 124.2º da

Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, faise público que, en resolución do día de hoxe, a sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admitiu a trámite a seguinte cuestión de ilegalidade, rexistrada como segue:

Recurso: cuestión de ilegalidade 0004001/2003.

Recorrente: Marfrio Marín S.A.

Administración demandada: Dirección Xeral de Relacións Laborais.

Acto contra o que se recorreu: cuestión de ilegalidade do artigo 7, punto 1º, do Decreto 376/1996, do 17 de outubro, sobre distribución de competencias entre os órganos da Xunta de Galicia para imposición sancións por infracción en materias laborais, prevención de riscos e obstrucción do labor inspector P.A. 206/2002.

Órgano xudicial promovente: Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres de Pontevedra.

A Coruña, vintecinco de marzo de dous mil tres.

María Isabel Freire Corzo

Secretaria

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA