Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 30 de abril de 2003 Páx. 5.469

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2002 e táboa salarial para 2003 do convenio colectivo do sector de carpintería de ri-

beira.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2002 e táboa salarial para 2003 do convenio colectivo do sector de carpintería de ribeira, con número de código 3600205, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 3-3-2003, subscrita pola comisión negociadora do convenio, en data 10-2-2003. De conformidade co disposto nos artigos 16 e 17 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 13 de marzo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector de carpintería

de ribeira da provincia de Pontevedra

ACTA

Asistentes:

CC.OO.: Marcos González Oliveira, Claudio Barreiro García, Alfonso Estévez Otero e José Antonio Leiro Quiroga.

CIG: Alberto Fernández Campo.

UGT: Cándido Comesaña Casal, Ramón Carrera Molares, Ramón Martínez Souto, Marcial Lorenzo Estévez, Ángel Roca García, Ricardo Domínguez González e sr. García Lago.

Representación empresarial: Mario Cardama Barrientos, Ángel Montenegro Montenegro, Concepción Nieto Domínguez.

Secretaria de actas: Marta Iglesias Pereira.

En Vigo, nos locais da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, sendo as dez corenta e cinco horas do día dez de febreiro de dous mil tres, reúnense os representantes dos traballadores e empresarios, co fin de constituí-la comisión negociadora do convenio colectivo provincial para o sector de carpintería de ribeira co obxecto de aplica-la cláusula de revisión salarial establecida no convenio e establece-los festivos de convenio para axusta-la xornada laboral ás 1.768 horas anuais establecidas.

Tralo recoñecemento das partes en canto á súa representación, estas considéranse representantes propios do ámbito xeográfico e funcional do convenio, polo que estando a mesa negociadora representada pola maioría absoluta dos traballadores e empresarios da provincia, declárase formalmente constituída a comisión negociadora.

O artigo 17º.-Revisión salarial, establece que no caso de que o IPC rexistrase o 31 de decembro de 2002 un incremento superior ó 2,5%, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a indicada cifra. O IPC o 31 de decembro de 2002 rexistrou un incremento do 4%, polo que se deberá efectuar unha revisión salarial do 1,5% que se pagará con efectos do 1 de xaneiro de 2002, resultando a táboa salarial anexa.

Así mesmo, as partes negociadoras acordan as táboas salariais para o ano 2003 segundo o establecido no artigo 16 do convenio colectivo, onde figura un incremento salarial do 1,25% sobre o IPC previsto polo Goberno.

No referente ó artigo 15 en materia de días festivos, e logo dun intercambio de opinións, chégase ó acordo de que a redacción definitiva do punto 5 do artigo 15 para o presente ano 2003, quede do seguinte xeito:

«Artigo 15º.-Xornada.

5. Con vixencia exclusiva para o ano 2003, para adapata-la xornada ás 1.768 horas anuais acordadas, os días 2 de maio, 9 de xuño, 8 de setembro, 13 de outubro, 3 de novembro e 24 e 31 de decembro fíxanse como festivos de convenio e remunerables para tódolos efectos. Ademais dos días sinalados anteriormente, nos concellos de Arbo, A Lama, A Cañiza, Crecente, Covelo, Dozón, Mondariz, Mondariz-Balneario, Oia, Salvaterra, Vigo, Vilagarcía e Vilanova de Arousa, por coincidi-lo festivo local con día non laborable, fixarase un día de acordo entre a representación sindical, os traballadores e a empresa. Non obstante o anterior, os días festivos sinalados poderán ser modificados por acordo entre a empresa e os traballadores».

Acórdase a súa remisión á autoridade laboral co obxecto do seu rexistro e posterior publicación no Diario Oficial de Galicia e BOP. Autorízase a Marta

Iglesias Pereira para levar a cabo as xestións necesarias. Non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as doce horas do día arriba indicado.

ANEXO

Táboas do convenio colectivo de carpintería

de ribeira 2003. Revisión

Revisión IPC 2002Táboa 2002 revisada

-Xeral

Encargado0,40228,16

Calafate0,35224,70

Axudante de calafate0,34424,09

Oficial primeira0,37526,28

Oficial segunda0,35224,70

Axudante0,34424,09

Peón especializado0,34123,87

Peón0,33623,56

Aprendiz 2º ano0,29020,30

Aprendiz 1º ano0,27119,00

-Sección pintura

Encargado0,37526,28

Oficial primeira0,35224,70

Oficial segunda0,34924,44

Axudante0,34424,09

-Administrativos

Xefe15,6541.095,81

Oficial primeira13,805966,37

Oficial segunda11,190783,34

Auxiliar administrativo10,043703,01

Aspirante8,249577,46

-Subalternos

Porteiros e almacenistas9,756682,94

Complemento de transporte0,0563,97

Desgaste de ferramentas0,0231,61

Complemento de asistencia0,38526,98

Complemento de penoso0,0312,21

Locomoción0,0030,19

Axuda de custos0,31722,21

Media axuda de custos0,15410,41

Axuda de custos con pernocta0,54538,18

Salario total 2003 redon.

-Xeral

Encargado29,08

Calafate25,50

Axudante de calafate24,87

Oficial primeira27,13

Oficial segunda25,50

Salario total 2003 redon.

Axudante24,87

Peón especializado24,65

Peón24,33

Aprendiz 2º ano20,96

Aprendiz 1º ano19,62

-Sección pintura

Encargado27,13

Oficial primeira25,50

Oficial segunda25,23

Axudante24,87

-Administrativos

Xefe1.131,42

Oficial primeira997,77

Oficial segunda808,80

Auxiliar administrativo725,86

Aspirante596,23

-Subalternos

Porteiros e almacenistas705,14

Complemento de transporte4,10

Desgaste de ferramentas1,66

Complemento de asistencia27,86

Complemento de penoso2,28

Locomoción0,196

Axuda de custos22,93

Media axuda de custos10,75

Axuda de custos con pernocta39,42