Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 30 de abril de 2003 Páx. 5.470

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, complementaria da do 29 de outubro de 2002, pola que se lles dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2003, correspondentes ós concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Como consecuencia da modificación das festas laborais de carácter local levada a cabo polo Concello de Boimorto (A Coruña) e realizada-por petición do concello-a oportuna rectificación pola correspondente delegación provincial, cómpre face-la correspondente rectificación na antedita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 216, do venres, 8 de novembro de 2002, así:

-No anexo I provincia da Coruña, na páxina 15.720, onde di: «10. Boimorto: 4 de marzo, Martes de Entroido; 1 de setembro, Festas do Rosario», debe dicir: «10. Boimorto: 4 de marzo, Martes de Entroido; 8 de setembro, Festas do Rosario».

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais