Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 30 de abril de 2003 Páx. 5.471

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2003 pola que se fai público o volume global de préstamos a subsidiar e o límite de crédito dispoñible para a concesión de axudas no ano 2003, ó abeiro do vixente convenio de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras.

O convenio de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras, publicado mediante Resolución do 2 de abril de 2002 (DOG nº 70, do 11 de abril), prevé na súa cláusula 1ª a publicación no Diario Oficial de Galicia para o ano 2003 do volume de préstamos a subsidiar e o límite de crédito dispoñible para a concesión de axudas así como as partidas orzamentarias asignadas ó seu financiamento.

Con data do 27 de decembro de 2002 o Parlamento de Galicia aprobou os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, publicados mediante a Lei 6/2002 (DOG nº 251, do 30 de decembro de 2003).

Polo que antecede,

RESOLVO:

Único.-Facer público que para o ano 2003 o volume global de préstamos a subsidiar no ámbito do convenio de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras, publicado mediante Resolución do 2 de abril de 2002 (DOG nº 70 do 11 de abril de 2003 non poderá superar 132 millóns de euros e que as axudas se financiarán con cargo ás aplicacións orzamentarias 02.01.01/01/13.656700 con un crédito plurianual (2003-2005) de 10.390.178,59 euros e 02.01.01/02/01.656700 con un crédito plurianual (2003-2005) de 521.445,46 euros.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica