Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 29 de abril de 2003 Páx. 5.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 25 de marzo de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se resolve a clasificación do monte Vilar dos lugares de Vilar, Barreiro e Costoia do concello de Lalín.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise constar que:

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra dictou a seguinte resolución:

Asistentes.

Presidente: José A. López Rodríguez (delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente).

Vocais:

Mª Luisa Pardavila Pazos (avogada polo colexio da provincia).

Manuel Francisco Gutierrez (xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais).

Luis Mª Muíños Vidueira (Letrado da Asesoría Xurídica da Xunta).

Vocais representantes dos lugares de Vilar, Barreiro e Costoia do concello de Lalín:

Antonio García Enríquez.

Manuel G. Rodríguez González.

Secretaria: Pilar Pita Ponte (xefa de sección do Servicio Técnico-Xurídico da Delegación de Medio Ambiente).

Na cidade de Pontevedra, sendo as dezasete horas do día 20 de febreiro de 2003, coa asistencia das persoas á marxe citadas, reúnese na 3ª planta do edificio sito no nº 47 da rúa Benito Corbal o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra co obxecto de decidir sobre a clasificación do monte Vilar dos lugares de Vilar, Barreiro e Costoia do concello de Lalín.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O expediente de clasificación do monte Vilar, pertencente ós lugares de Vilar, Barreiro e Costoia do concello de Lalín iniciouse por instancia dun grupo de veciños con data do 25 de marzo de 1998.

Segundo.-O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, na súa reunión de data 29 de novembro de 2002, á vista do informe previo do Servicio de Montes e Industrias Forestais de Pontevedra, acordou inicia-los trámites para a clasificación do referido monte, así como a remisión dos expedientes ó Servicio de Montes e Industrias Forestais da Delegación Provincial de Medio Ambiente de Pontevedra, para o seu estudio e informe.

Terceiro.-Na sesión do día 3 de abril de 2002, o xurado adoptou o acordo de nomear relator do expediente de clasificación a Manuel Francisco Gutiérrez.

Cuarto.-Cumprida e observada a tramitación legal e regulamentariamente esixida, nin no trámite de audiencia, exposición pública no concello e publicación no DOG, nin ó longo da tramitación do expediente, non se formulou oposición á clasificación instada nin por parte do concello nin de particulares. Así mesmo, segundo certificación rexistral que consta no expediente, as referidas parcelas non seguen inscritas a favor de persoa ningunha.

Quinto.-O monte de Vilar (lugares de Vilar, Barreiro e Costoia) da parroquia de Vilanova do concello de Lalín, obxecto do presente expediente de clasificación obedece á seguinte descrición:

Concello: Lalín.

Lugar: Vilar, Barreiro e Costoia.

Nome do monte: Vilar.

Cabida: 161,75 ha.

Localización xeográfica: as coordenadas extremas na cuadrícula UTM son:

Extremo norte: 4717250.

Extremo sur: 4714500.

Extremo leste: 573750.

Extremo oeste: 572250.

No citado monte distínguense tres parcelas:

-Parcela 1.

Localizada ó oeste do trazado da liña de ferrocarril, entre este e o río Abeleda.

Cabida: 1,3 ha.

Lindeiros:

Norte: propiedades particulares de Manuel Fernández Nogueira, Julia Gómez, Piedad González.

Sur: propiedades particulares de Hermesindo Presas Fernández.

Leste: propiedades particulares de Olga Fernández Alonso, Piedad González e outros.

Oeste: río Abeleda.

-Parcela 2.

Ocupa o espacio deixado entre o antigo e novo trazado da estrada PO-202 (O Carballiño-Lalín).

Cabida: 0,4 ha. Actualmente atópase poboada de matogueira.

Lindeiros:

Norte e leste: antigo trazado da estrada PO-202.

Sur e oeste: novo trazado da estrada PO-202.

-Parcela 3.

Cabida: 160,05 ha.

Lindeiros:

Norte: Río Seixos, Rego de Navallo e predios particulares de Mª del Carmen Gutiérrez López, Mª Josefa López e outros.

Sur: límite parroquial de Nogueira e Abeleda.

Leste: estrada PO-202, concello de Dozón e propiedades particulares de Mª Josefa López Blanco, Socorro Gutiérrez Lalín, Consuelo Gutiérrez Lalín e outros.

Oeste: camiño veciñal, núcleo de poboación de Vilar, río Abeleda e propiedades particulares de Amancio Presas Fernández, Modesto Fernández Gómez de Nogueira, Julia Gómez Cachafeiro de Sanmartiño, José Pérez de Nogueira e outros.

Servidumes: o monte atópase atravesado polo ferrocarril Ourense-Santiago de Compostela, a estrada comarcal PO-202 (Lalín-O Carballiño), o camiño veciñal que desde a dita estrada conduce a Navallo, o camiño veciñal de Vilar a Navallo e varias vías de servicio a enclaves dentro do monte.

Ocupacións: dentro do perímetro do monte ó longo do camiño de Navallo á estrada PO-202 localízanse parcelas destinadas ó cultivo agrícola e prado.

Enclaves: existen varios enclavados no monte que, de acordo coa información aportada, teñen os seguintes propietarios: Olga Fernández Alonso (varias propiedades), Leonor Gómez Fernández (varias propiedades), Piedad González Fernández (varias propiedades), Purificación Lamas Fernández (varias propiedades), Hermesindo Presas Fernández e Julio García Sánchez.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra ten a competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter a teor do establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo.-De conformidade co artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 1 do Decreto 240/1992,

do 4 de setembro, cómpre entender por montes veciñais en man común «... os terreos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades productivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños».

Así, segundo abondosa xurisprudencia, o feito que xustifica a clasificación ou non como veciñal dun determinado monte, en vía administrativa, é a circunstancia de terse ou non demostrado o aproveitamento consuetudinario en man común, prescindindo das cuestións relativas á propiedade e demais dereitos reais.

Terceiro.-Coa solicitude non se acompañou copia de documentos onde se poida constatar que en tempos máis ou menos antigos, os referidos montes tiveran un uso comunal, aínda que tales probas non se consideran suficientes tendo en conta a evolución lexislativa deste tipo de propiedades característica do dereito civil de Galicia, recoñecéndoselle o carácter de imprescriptibilidade a partir da Compilación Foral de Galicia de 1963, sendo este dato fundamental na interpretación do artigo primeiro da Lei 13/1989, onde se definen os montes veciñais en man común, por dous elementos característicos que son a súa pertenza a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e que se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos veciños.

Esta segunda característica dos montes veciñais, como xa ten dito o Tribunal Supremo na Sentencia do 24-4-2000 e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, constitúe unha clara referencia a un período temporal de presente e non dun pasado máis ou menos remoto.

Cuarto.-Trátase en realidade de tres parcelas delimitadas por camiños, ríos, regatos, estradas ou sinais identificables no monte, considerando suficiente a planimetría achegada para identifica-los montes sobre o terreo e sendo aproveitadas veciñalmente nos seus esquilmes.

En consecuencia, vista a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento, aprobado por Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e demais preceptos legais e regulamentarios, de xenérica e específica aplicación ó caso examinado, e tendo en conta que no expediente queda acreditado, de xeito efectivo, que os terreos obxecto de clasificación veñen sendo aproveitados consuetudinariamente polos membros desta comunidade, o instructor propón e de maneira unánime o xurado acorda:

Clasificar como veciñal en man común o monte Vilar a favor dos veciños dos lugares de Vilar, Barrei

ro e Costoia da parroquia de Vilanova do concello de Lalín por reuni-los requisitos establecidos no artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, correspondéndose coa descrición reflectida no feito quinto, e a planimetría elaborada para o efecto polo Servicio de Montes e Industrias Forestais, que forma parte inseprable desta resolución, quedando expresamente excluídos os enclaves descritos na documentación achegada polos solicitantes e os terreos afectados pola vía férrea.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da presente notificación, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Pontevedra, 25 de marzo de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra