Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 29 de abril de 2003 Páx. 5.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 25 de marzo de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se resolve o recurso de reposición dos montes Cruz de Feáns e outros da parroquia de San Martiño do concello do Grove.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise constar que:

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra dictou a seguinte resolución:

Asistentes:

Presidente: Presidente: José A. López Rodríguez (delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente).

Vocais:

Mª Luisa Pardavila Pazos (avogada polo colexio da provincia).

Manuel Francisco Gutiérrez (xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais).

Luis Mª Muiños Vidueira (letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia).

Secretaria: Pilar Pita Ponte (xefa de Sección do Servicio Técnico-Xurídico da Delegación de Medio Ambiente).

Na cidade de Pontevedra, sendo as dezasete horas do día 20 de febreiro de 2003, coa asistencia das persoas ó marxe citadas, reúnese na 3ª planta do edificio sito no nº 47 da rúa Benito Corbal o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra co obxecto de decidir sobre o recurso de reposición dos montes Cruz de Feáns e outros da parroquia de San Martiño do concello do Grove.

Antecedentes de feito:

Primeiro.-Na sesión do 8 de febreiro de 2002 o xurado resolveu clasificar como veciñais en man común a favor da comunidade de montes veciñais en man común de San Martiño, concello do Grove, os montes Cruz de Feáns e outros, correspondéndose coa planimetría elaborada para o efecto polo Servicio de Montes e Industrias Forestais que forma parte inseparable da resolución, e coas seguintes descricións:

Monte Fonte Soutullo e outros.-O formado polas parcelas: Fonte Soutullo, Río dos Lagos, leste Gatiñeira, Monte da Zapateira, Monte da Garita, Ferreiras de Feáns, Outeiriño de Arriba, Paramiño e parte da sur Gatiñeira, neste monte atópanse as instalacións do centro de interpretación da natureza de

Siradella de acordo coa cesión que o concello do Grove lle fixo á Consellería de Agricultura, hoxe Consellería de Medio Ambiente.

Cabida aproximada: 90 ha aproximadamente.

Lindes:

Norte.-Predios particulares muro por medio e estrada O Grove -Alto da Siradella.

Sur.-Límite parroquial con San Vicente do Grove e estrada a San Vicente.

Leste.-Estrada Pontevedra-O Grove, predios particulares muro por medio e camiño ó Con do Loureiro.

Oeste.-Límite parroquial de San Vicente do Grove, estrada O Grove-Reboredo, predios particulares muro por medio e estrada O Grove-Alto da Siradella.

Colindantes:

Norte.-A Toxa, S.A., herdeiros Irmáns Otero Goday.

Sur.-Monte clasificado da CMVMC de San Vicente do Grove.

Leste.-Herdeiros de Joaquín, Eloy Álvarez e outros, A Toxa, S.A., Pilar Romero Lorenzo e outros.

Oeste.-Agustín Beltrán e Gabriel Bea, Ramón Rodal e Amancio Barral e MVMC de San Vicente do Grove.

Monte Cruz de Feáns e outros.-O formado polas parcelas: Cruz de Feáns, Monte de Paredes (excluída a superficie explanada onde se atopa a escola taller do concello do Grove), Castro, Costa de Feáns, Costa do Xaniño, Con do Ouro, A de Flores, Da de Flores de Abaixo.

Cabida aproximada: 28 ha aproximadamente.

Lindes:

Norte.-Predios particulares muro por medio.

Sur.-Predios particulares muro por medio, camiño e estrada Pontevedra-O Grove.

Leste.-Predios particulares muro por medio, antiga estrada Pontevedra-O Grove e escola taller do concello do Grove.

Oeste.-Predios particulares muro por medio e camiño da Granxa.

Colindantes:

Norte.-Antonio Fontoira e outros.

Sur.-Herdeiros de Eopoldo, Eduardo Vieira.

Leste.-Jacobo Aguín Aguiño e outros, José Garrido.

Oeste.-A Toxa, S.A., Eduardo Vieira e herdeiros de Pablo Domínguez e outros.

Segundo.-Con data do 12-4-2002, Xoán Xosé Torres Costas, presenta recurso de reposición contra a resolución do xurado de data 8-2-2000 sobre a clasificación dos montes Riba das Vellas e outros da parroquia de San Martiño do concello do Grove, polo que se solicita: clasificación a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Martiño as parcelas denominadas Cova da Loba nor

te, Cova da Loba sur, parte da sur Gatiñeira, Riba das Vellas, Con da Cruz, Carracedo, Con do Zapato, Alleiriña, As Salgudas, A do Quinto ou Casteliño, Riba das Eiras, norte da Granxa, Braña dos Muíños, Istmo da Lanzada, Con de Peroucho, Parcela Central da Toxa, norte e sur Ponte da Toxa, Sur Mourisca e Tourís Illa.

Terceiro.-Con data 16-5-2002, Xoán Xosé Torres Costas presenta recurso de reposición, polo que solicita: desestimación do recurso de reposición interposto pola Comunidade de Montes Veciñlais en Man Común de San Vicente.

Cuarto.-Con data do 12 de abril de 2002 José L. Vidal, en calidade de presidente da CMVMC de San Vicente do Grove, presenta recurso de reposición contra a resolución do xurado de data 8-2-2000 sobre a clasificación dos montes Riba das Vellas e outros da parroquia de San Martiño do concello do Grove, polo que solicita a súa nulidade por non ser conforme a dereito declarando a necesidade de respecta-la líña parroquial de San Vicente fixada no expediente de clasificación dos montes desta parroquia e, consecuentemente, a non clasificación do monte denominado Da Garita e de parte do monte Zapateira.

Quinto.-En data do 20-2-2003, emítese informe por parte do Servicio de Montes e Industrias Forestais da Delegación de Medio Ambiente de Pontevedra, no que consta:

1º Que o límite dos Montes Veciñais en Man Común de San Vicente e San Martiño, se corresponde co límite entre as respectivas parroquias tal como se describe na planimetría que consta no expediente.

2º Respecto á non clasificación das parcelas, non existe elemento novo algún que poida acredita-lo aproveitamento veciñal en exclusividade polos veciños de San Martiño, do concello do Grove.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra é o órgano competente para resolve-los recursos de reposición contra das súas resolucións de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992.

Segundo.-Procede admitir a trámite os recursos de reposición interpostos por cumprir cos requisitos esixidos polo artigo 117.1º da precitada lei.

Vistos os preceptos legais citados e demais normativa de xeral e pertinente aplicación, o xurado de maneira unánime

ACORDA:

Rexeita-los recursos presentados por José Luis Vidal e Xoán Xosé Torres Costas, confirmando a resolución recorrida.

Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous

meses contados desde o día seguinte ó da presente notificación, de acordo co disposto nos artigos 109 a) e 116.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Pontevedra, 25 de marzo de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra