Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 29 de abril de 2003 Páx. 5.438

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 25 de marzo de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se resolve a clasificación do monte Chan das Touzosas e outros da parroquia de Valeixe do concello da Cañiza.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise constar que:

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, dictou a seguinte resolución:

Asistentes:

Presidente: José A. López Rodríguez (delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente).

Vocais:

Mª Luisa Pardavila Pazos (avogada polo colexio da provincia).

Manuel Francisco Gutiérrez (xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais).

Luis Mª Muíños Vidueira (letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia).

Vocais representantes da parroquia de Valeixe do concelllo da Cañiza:

Enrique Gómez Álvarez.

Indalecio Giráldez Pérez.

Secretaria: Pilar Pita Ponte (xefa de sección do Servicio Técnico-Xurídico da Delegación de Medio Ambiente).

Na cidade de Pontevedra, sendo as dezasete horas do día 20 de febreiro de 2003, coa asistencia das persoas na marxe indicadas, reúnese na 3ª planta do edificio sito no nº 47 da rúa Benito Corbal o xurado provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra co obxecto de decidir sobre a clasificación do monte Chan das Touzosas e outros da parroquia de Valeixe do concello da Cañiza.

Antecedentes de feito:

Primeiro.-Con data 30-12-1994, Adolfo Álvarez Gesteira no nome e representación da comunidade de montes veciñais en man común da parroquia de Valeixe, como presidente, solicitou a clasificación como veciñal en man común dos montes Chans das Touzosas, Chans, A Portela e outros da parroquia de Valeixe, do concello da Cañiza.

Segundo.-O xurado provincial de clasificación de montes veciñais na súa reunión do 20-6-1995 acordou inicia-los trámites para a clasificación dos referidos montes, así como a remisión do expediente ó Servicio de Montes e Industrias Forestais para o seu estudio e informe.

Terceiro.-Na sesión do día 3 de abril do 2002, o xurado adoptou o acordo de nomear relator do expediente de clasificación a Manuel Francisco Gutiérrez.

Cuarto.-Cumprida e observada a tramitación legal e regulamentariamente esixida, nin no trámite de audiencia, exposición pública no concello e publicación no DOG, nin ó longo da tramitación do expediente, non se formulou oposición á clasificación instada nin por parte do concello nin de particulares. Así mesmo, segundo certificación rexistral que consta no expediente, as referidas parcelas non seguen inscritas a favor de ningunha persoa.

Quinto.-Os montes Chans, Santo Anxo, A Portela, Paralonga de Pintelos, Chan de Valeixe, Do Cubo e Chan das Touzosas obxecto do presente expediente de clasificación, obedece á seguinte descrición:

Concello: A Cañiza.

Parroquia: Valeixe.

-Nome do monte: Chans.

Cabida: 5,40 ha.

Lindeiros:

Norte, sur, leste e oeste: propiedades particulares de Ángel Giráldez Alvar, Amador Fernández, Albino Giráldez, Filomena Álvarez, Benito Almuiña, Germán Troncoso, Odilio Rodríguez Fernández, Fátima Martínez Alvar, Ezequiel Mera, Augusto Álvarez Montero, Antonio Álvarez Montero, Familia Antonio Parada e José López Castillo.

-Nome do monte: Santo Anxo.

Cabida: 3.059 ha.

Lindeiros:

Norte, sur, leste e oeste: linda nos catro puntos cardinais con predios particulares agás no oeste que o fai ademais cun camiño; algúns dos propietarios destes predios son: José Arca Santamaría, José R. Gómez Estévez, Sergio Troncoso Buceta, José Gómez Fernández, Ernesto Troncoso Buceta e José R. González Rodríguez.

-Nome do monte: A Portela.

Cabida: 0,45 ha.

Lindeiros:

Norte: camiño.

Sur, leste e oeste: predios particulares de Odilo Rodríguez Fernández, Mariano García, Manuel Álvarez Miguélez e Leopoldo Pérez González.

-Nome do monte: Paralonga de Pintelos.

Cabida: 30 ha.

Lindeiros:

Norte: monte de Parada.

Sur: río Luneda e predios particulares.

Leste: estrada e predios particulares.

Oeste: río Luneda e monte de Luneda.

Algúns dos propietarios destes predios son os seguintes: Mercedes Gómez Santamaría, Jesús Santamaría, Dolores Pérez Romero, Carmen Romero, José Anibal Prieto, José Pérez Romero, Germán Martínez Gil, Julia Pérez Baquero, Ramona Gesteira, Pablo Moisés, Carlos Alberto Rodríguez, Soledad Iglesias, Dora Cobas, José Martínez Gesteira, Manuel Gesteira, José Paz, Sofia Vidal, Rosa Estévez, Cándido Martínez, Ignacio Domínguez e Nemesio Rodríguez.

-Nome do monte: Chan de Valeixe.

Cabida: 2,30 ha.

Lindeiros:

Norte: camiño de Villar a A Rúa e predios particulares.

Sur e leste: termo municipal de Crecente.

Oeste: predios particulares.

Algúns dos propietarios destes predios son os seguintes: Faustino de Villar, Indalecio González Pérez, Servando Fernández Lorenzo, María Rodríguez Pérez e Adolfo Costal Miñotera.

-Nome do monte: Do Cubo.

Cabida: 0,60 ha.

Lindeiros:

Norte: camiño de Sibei e predios particulares.

Sur: estrada de Arbo.

Leste: Regato do Val de Ramallos.

Oeste: predios particulares.

Algúns dos propietarios son os seguintes: Amador Vidal, Manuel González, Laura Álvarez Fernández, Luis Troncoso, Sara Faro, Francisco Álvarez Fernández, Carmen Martínez, Narciso Olivier e Adolfo Pazos Troncoso.

-Nome do monte: Chan das Touzosas.

Cabida: 0,50 ha.

Lindeiros:

Norte: estrada A Cañiza-Arbo.

Sur: predios particulares.

Leste: predios particulares.

Oeste: estrada A Cañiza-Arbo.

Algúns dos propietarios dos predios son os seguintes: Carmen Fernández Rodríguez, Manuel Ribeiro de Pías, Jesús Santamaría, Josefa Fernández Álvarez, Cecilia Fernández Álvarez, José Santos Fernández, Esther Blanco, Araceli Casal, José Luis Castro e Pablo González Vidal.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra ten a competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter a teor do establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo.-De conformidade co artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 1 do Decreto 240/1992, do 4 de setembro, cómpre entender por montes veciñais en man común «...os terreos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades productivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños».

Así, segundo abondosa xurisprudencia, o feito que xustifica a clasificación ou non como veciñal dun determinado monte, en vía administrativa, é a circunstancia de terse ou non demostrado o aprovei

tamento consuetudinario en man común, prescindindo das cuestións relativas á propiedade e demais dereitos reais.

Terceiro.-Coa solicitude non se xuntou copia de documentos onde se poida constatar que en tempos máis ou menos antigos, os referidos montes tiveran un uso comunal, aínda que tales probas non se consideran suficientes tendo en conta a evolución lexislativa deste tipo de propiedade característica do dereito civil de Galicia, recoñecéndoselle o carácter de imprescritibilidade a partir da Compilación Foral de Galicia de 1963, sendo este dato fundamental na interpretación do artigo 1 da Lei 13/1989 onde se definen os montes veciñais en man común, por dous elementos característicos que son a súa pertenza a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e que se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos veciños.

Esta segunda característica dos montes veciñais, como xa ten dito o Tribunal Supremo na sentencia do 24-4-2000 e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, constitúe unha clara referencia a un período temporal de presente e non dun pasado máis ou menos remoto.

A entidade promotora do expediente non achegou ninguhna proba para acredita-la existencia do uso comunal durante as últimas décadas, polo que nos temos que basear nos informes emitidos polo Servicio de Montes.

Cuarto.-Trátase en realidade de sete parcelas perfectamente delimitadas por camiños, ríos, regatos, estradas ou sinais identificables no monte, considerando suficiente a planimetría achegada para indentifica-los montes sobre o terreo, sendo aproveitado veciñalmente no seus esquilmos, pastos e madeira.

En consecuencia, vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e demais preceptos legais e regulamentarios, de xenérica e específica aplicación ó caso examinado, o instructor propón e, de maneira unánime, o xurado acorda:

Clasificar como veciñal en man común os montes Chans, Santo Anxo, A Portela, Paralonga de Pintelos, Chan de Valeixe, Do Cubo e Chan das Touzosas a favor dos veciños da parroquia de Valeixe do concello da Cañiza por reuni-los requisitos establecidos no artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e correspondéndose coa descrición reflectida no feito quinto e a planimetría elaborada para o efecto polo Servicio de Montes e Industrias Forestais, que forma parte inseparable da presente resolución.

Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Pro

vincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da presente notificación, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Pontevedra, 25 de marzo de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra