Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 28 de abril de 2003 Páx. 5.372

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2003 pola que se convoca concurso-oposición libre para o ingreso nas clases de inspectores médicos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde.

De conformidade coas competencias atribuídas no artigo cuarto c) da Orde do 14 de marzo de 2002 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, vistos os antecedentes normativos da Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas do persoal sanitario ó servicio da Comunidade Autónoma, do Decreto 303/1990, do 31 de maio, que a desenvolve, do Decreto 5/1992, do 16 de xaneiro, que integra os funcionarios do ámbito da inspección sanitaria e do Decreto 209/2003, do 27 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2003 do persoal sanitario funcionario ó servicio da comunidade autónoma incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, despois da negociación coa representación sindical no seo da Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Sanitario ó servicio da Comunidade Autónoma, esta división resolve convocar concurso-oposición para o ingreso nas clases de inspectores médicos e subinspectores

sanitarios do Servicio Galego de Saúde, consonte as seguintes:

Bases:

Primeira.-Normas xerais.

1. Convócase concurso-oposición libre para cubrir 10 postos de traballo da clase de inspectores médicos do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de saúde pública e administración sanitaria, dos que 6 pertencen á quenda de acceso libre, 3 á de promoción interna e 1 á de discapacitados, e 6 postos de traballo da clase de subinspectores sanitarios do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de saúde pública e administración sanitaria. Non se reserva ningún posto desta última clase para a quenda de discapacitados por non alcanza-lo mínimo necesario para isto, segundo o establecido no artigo 4 do Decreto 209/2003, do 27 de marzo antes citado.

2. As prazas non cubertas pola quenda de promoción interna, así como as da quenda de discapacitados, acumularanse á quenda de acceso libre.

3. Os aspirantes só poderán participar nunha das quendas citadas. Se da instancia que presenten non se deducise a súa opción, serán excluídos provisionalmente, a reserva da súa posterior emenda no prazo de 15 días naturais. De non ser así, quedarán definitivamente excluídos. Polo tanto, trala publicación da lista definitiva de admitidos e excluídos, non se permitirá ningún cambio de quenda ou calquera tipo de emenda ou aclaración ó respecto.

4. O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca.

Segunda.-Requisitos dos candidatos.

Tódolos requisitos esixidos nesta base deberán ser posuídos polos aspirantes de calquera quenda de acceso, na data en que finalice o prazo de presentación de instancias e terán que manterse ata a toma de posesión como persoal do Servicio Galego de Saúde.

1. Requisitos comúns para tódalas quendas de acceso:

a) Posuí-la nacionalidade española ou a dalgún Estado membro da Unión Europea ou do Espacio Económico Europeo ou te-lo dereito á libre circulación de traballadores conforme o Tratado da Comunidade Europea.

Tamén poderán participa-lo cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais de países membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores da dita idade, que vivan ás súas expensas.

Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos tratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España.

b) Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título de licenciado en medicina e cirurxía para a clase de inspectores médicos e de ATS/DUE para a clase de subinspectores sanitarios.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá estarse en posesión do documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

c) Posuí-la capacidade funcional necesaria para o desempeño das tarefas que se deriven do correspondente nomeamento.

d) Ter cumpridos os dezaoito anos e non ter acadada a idade de xubilación forzosa.

e) Non estar separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera Administración pública, nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

f) No caso dos nacionais doutros estados mencionados no parágrafo a), non atoparse inhabilitado, por sanción ou pena, para o acceso a funcións ou servicios públicos nun Estado membro, nin estar separado por sanción disciplinaria, dalgunha das súas administracións ou servicios públicos.

g) Aboa-las taxas por dereitos de exame, salvo o previsto no punto 2 da base terceira para os discapacitados.

2. Promoción interna (só aspirantes á clase de inspectores médicos):

Ademais dos requisitos anteriores os aspirantes que participen nesta quenda deberán posuí-los seguintes requisitos:

1. Te-la condición de funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, na escala de saúde pública e administración sanitaria.

2. Ter completado dous anos de servicios na Administración autónoma galega como funcionario de carreira do corpo e escala referidos no parágrafo anterior.

3. Discapacitados:

Para as persoas con minusvalidez, estar en posesión de documento xustificativo da discapacidade igual ou superior o 33%, conforme a normativa vixente.

Terceira.-Solicitude e dereitos de exame.

1. Os que desexen participar no concurso-oposición terán que cubrir necesariamente o modelo de instancia xunto co modelo de autoliquidación de taxas que serán facilitados gratuitamente nos seguintes lugares:

a) No rexistro xeral da Consellería de Sanidade.

b) Nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade.

c) Nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde.

2. A instancia terá que cubrirse conforme o establecido nas súas instruccións complementarias, entendendo as referencias á categoría como referidas á clase que corresponda (inspección médica, código 300; subinspección sanitaria, código 200).

Os aspirantes que accedan pola quenda de promoción interna terán que enche-lo recadro de «VALIDACIÓN A».

En todo caso, unha vez que sexa debidamente rexistrada a solicitude e despois de separa-lo exemplar para o interesado, á folla do exemplar para a administración deberá grampárselle, no espacio reservado na súa parte superior esquerda, o exemplar para a administración do modelo de autoliquidación de taxas unha vez realizada a transferencia na entidade bancaria correspondente, xunto cunha fotocopia do documento nacional de identidade ou pasaporte. Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán presentar unha fotocopia compulsada do documento que acredite a súa nacionalidade

No caso de aspirantes con discapacidade, achegarase tamén unha fotocopia compulsada da certificación que recoñeza a devandita condición, para os efectos de quedar exentos de aboa-las taxas por dereitos de exame.

3. Para os efectos da exención prevista no anexo I desta convocatoria, presentarase xunto coa instancia copia compulsada do curso de perfeccionamento de galego ou estudios equivalentes, segundo a norma

tiva vixente de homologación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

4. O prazo para a presentación das instancias será dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

5. As instancias para participar no concurso-oposición poderán presentarse no rexistro xeral dos centros referidos no punto 1 desta base, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6. Por imperativo legal, conforme o disposto no artigo 32 da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2003, que modifica o Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo III do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán satisfacerse dereitos de exame que ascenderán para a clase de inspectores médicos á cantidade de 36 A, e para a clase de subinspectores sanitarios á cantidade de 31 A, que serán ingresadas mediante transferencia bancaria nalgunha das sucursais das entidades financeiras colaboradoras na recadación.

Os aspirantes que acrediten unha discapacidade igual ou superior ó 33% estarán exentos do aboamento de taxas por dereitos de exame.

7. No caso de erros ou omisións na consignación da categoría, da quenda de acceso, así como de discrepancia co importe autoliquidado, a lista provisional de admitidos e excluídos establecerá unha exclusión provisional, que poderá ser emendada no prazo de quince días naturais.

8. A simple transferencia do ingreso non suporá, en ningún caso, a substitución do trámite de presentación do modelo de instancia no prazo e na forma prevista nesta base.

9. Os aspirantes con discapacidade poderán sinalar na instancia as adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios, cando estas sexan necesarias. As citadas adaptacións non desvirtuarán, en ningún caso, o contido das probas de valoración da aptitude dos aspirantes.

10. En todo caso, o tribunal reserva para si o dereito de esixir que se acredite convenientemente a existencia ou non de calquera requisito de participación dos aspirantes en calquera momento anterior á resolución definitiva do concurso-oposición.

11. A consignación de datos falsos na instancia ou na documentación achegada polos aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

O domicilio que figure na instancia considerarase como o único válido para os efectos de notificación, sendo responsabilidade exclusiva do aspirante tanto

o erro na súa consignación como a comunicación á División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde de calquera cambio nel.

12. Para os efectos de información, os teléfonos de contacto son 981 54 28 20 e 981 54 29 71, correspondentes ó Servicio de Información da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

1. Expirado o prazo de presentación de instancias, a División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde dictará unha resolución declarando con carácter provisional os aspirantes admitidos e excluídos, co motivo da súa exclusión.

2. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, e terá que indica-lo lugar ou lugares onde poderán examinarse as listas de admitidos e excluídos.

3. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de quince días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

4. Á vista das peticións de reparación presentadas, a División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde publicará na forma descrita no punto 2 desta base as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos. Para este efecto, a estimación ou desestimación das devanditas peticións de reparación entenderanse implícitas na resolución que publique a lista definitiva.

5. Devolveranse os dereitos de exame ós aspirantes excluídos definitivamente do concurso-oposición sempre e cando o soliciten no prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución á que se refire o punto anterior e utilicen para isto o modelo que figura como anexo II a esta resolución, achegando obrigatoriamente copia da súa instancia e do modelo procesado de autoliquidación de taxas.

Quinta.-Tribunais.

1. A División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, mediante resolución que se publicará no Diario Oficial de Galicia, nomeará un tribunal para cada unha das clases que se convocan.

Correspóndenlles ós tribunais as funcións relativas á determinación concreta do contido das probas e a cualificación dos aspirantes, tanto na fase de oposición coma na de concurso, así como, en xeral, a adopción de cantas medidas sexan precisas para o correcto desenvolvemento da probas selectivas e a resolución de incidencias, polo que non poderán disolverse ata as correspondentes tomas de posesión dos aspirantes que resulten seleccionados.

2. O tribunal terá a súa sede central, para os efectos de comunicacións e incidencias, na División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde,

sita en San Lázaro s/n, CP 15703, de Santiago de Compostela.

3. O tribunal estará composto por un mínimo de cinco membros, debendo designarse o mesmo número de suplentes. Todos eles, tanto titulares como suplentes, deberán atoparse en posesión de titulación de igual ou superior nivel académico que a esixida para o ingreso.

Un vocal será designado polas organizacións sindicais.

O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos dos asesores especialistas que estime oportunos. Os ditos asesores limitaranse a presta-la súa colaboración nas especialidades técnicas, con voz e sen voto, e deberán posuír titulación académica do nivel igual ou superior á esixida para o ingreso na clase correspondente.

4. Os membros do tribunal deberán de absterse de intervir, notificándoo á División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, cando concorran neles algunhas das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou cando nos cinco anos anteriores á convocatoria realizasen tarefas específicas de preparación de aspirantes para o ingreso na mesma clase. O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non se atopar incurso nas circunstancias ás que se fai referencia neste punto. Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando ó seu xuízo concorran as citadas circunstancias.

5. A División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde publicará, se é o caso, no Diario Oficial de Galicia, a resolución pola que se nomean os novos membros que teñan que substituí-lós que perderon a súa condición por algunha das causas previstas, así como os substitutos daqueles.

6. Despois da convocatoria do presidente, constituirase o tribunal coa asistencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes. A partir da súa constitución, o tribunal requirirá, para actuar validamente, a presencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes. Por acordo dos seus membros o tribunal poderá acorda-la autoconvocatoria para a seguinte ou seguintes sesións sen necesidade de citación por escrito ós seus membros.

7. O tribunal terá a categoría primeira das previstas no artigo 26 do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servicio ó persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

Sexta.-Procedemento de selección.

O sistema de selección será o de concurso-oposición libre.

A) Fase de oposición.

1. A fase de oposición, dentro de cada unha das clases que se convocan, consistirá na realización,

con carácter eliminatorio dos exercicios que, para cada unha delas, se enumeran no anexo I desta resolución. Superarán os exercicios da fase de oposición aqueles aspirantes que acaden o 50% da puntuación máxima asignada a cada unha das correspondentes probas.

As respostas incorrectas, nos exercicios tipo test, penalizaranse coa puntuación negativa que resulte de aplicar un 25% da puntuación asignada á resposta correcta.

Unha vez realizados os distintos exercicios da fase de oposición, correspóndelle ó tribunal establece-los criterios de corrección deles.

2. Os tribunais adoptarán as medidas oportunas para garantir que os exercicios da fase de oposición tipo test sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, excluíndose aqueles que teñan marcas ou figuras que permitan coñece-la identidade do opositor. Ó remate das probas tipo test entregarase a cada aspirante a folla autocopiativa do seu exame así como o cuestionario de preguntas. O modelo de respostas correctas publicarase con posterioridade ó mesmo.

3. Os exercicios da fase de oposición realizaranse no lugar e á hora que se fixe nunha resolución da autoridade convocante que haberá de publicarse no Diario Oficial de Galicia, logo do acordo ó respecto do correspondente tribunal.

Os aspirantes serán convocados para cada exercicio nun único chamamento, sendo excluídos do concurso-oposición os que non comparezan. En todo caso, para garanti-la unidade de acto non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emenda-la non comparecencia.

Non obstante o anterior, o tribunal, por razóns de índole organizativa, poderá decidir executar en unidade do acto o terceiro e cuarto exercicio, podendo altera-la súa orde de realización.

4. Cando se trate de exercicios que teñan que ser lidos perante o tribunal, a orde de chamamento dos aspirantes para a realización do acto de lectura que, en todo caso, haberá de ser pública, iniciarase por aqueles dos que o seu primeiro apelido comece pola letra C, de conformidade co establecido na resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 10 de marzo de 2003, pola que se fai público o resultado do sorteo ó que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 52, do 14 de marzo).

5. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polos membros do tribunal coa finalidade de acredita-la súa personalidade. Se o tribunal tivera coñecemento de que algún dos aspirantes non cumpre un ou varios dos requisitos esixidos por esta convocatoria, logo da audiencia do interesado, debe propoñer a súa exclusión á autoridade convocante. Do mesmo xeito, o tribunal deberá dar

conta das inexactitudes ou falsidades nas que puideran incorre-los aspirantes, para os efectos procedentes.

6. Se o tribunal, de oficio ou con base nas reclamacións que os interesados poidan presentar nos dous días hábiles seguintes á realización da proba, anulase algunha ou algunhas das preguntas incluídas nun exercicio anunciarao publicamente xunto coa publicación das puntuacións dos distintos exercicios da fase de oposición, nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde.

Trala publicación das puntuacións dos exercicios da fase de oposición, os interesados poderán presentar reclamación perante o tribunal no prazo de cinco días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación referida no punto anterior.

7. O tribunal poderá acordar, nos exames tipo test, a inclusión de preguntas reserva que deberán ser contestadas polos aspirantes, ampliándose en tal suposto e de forma proporcional o tempo de realización do exercicio.

8. Sen prexuízo do carácter eliminatorio dos distintos exercicios da fase de oposición, o tribunal poderá facer que superen a fase de oposición un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas na categoría correspondente.

B) Fase de concurso.

1. Rematada na súa totalidade a fase de oposición, o tribunal publicará un acordo no Diario Oficial de Galicia no que se declarará rematada a fase de oposición e abrirá un prazo de dez días naturais contados desde o seguinte ó da súa publicación para que tódolos aspirantes, sen excepción, acheguen, nos lugares indicados na base terceira punto 5, a seguinte documentación, pois do contrario quedarían excluídos do proceso selectivo:

a) Fotocopia compulsada do DNI. Os aspirantes que non posúan nacionalidade española e teñen dereito a participar, deberán presentar unha fotocopia compulsada do documento que acredite a súa nacionalidade.

b) Fotocopia compulsada do título esixido para o ingreso na correspondente clase.

c) De se-lo caso, certificación de servicios prestados, solicitadas nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde, con referencia ó último día inclusive do prazo de presentación de instancias.

d) Os participantes que accedan pola quenda de promoción interna deberán achegar, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa, segundo os requisitos descritos no punto 2 da base segunda desta resolución.

2. O tribunal valorará, segundo as certificacións citadas o tempo de servicios prestados como persoal interino en postos de traballo do corpo, escala e clase correspondente desenvoltos tanto na Conse

llería de Sanidade e no Servicio Galego de Saúde, como os servicios desempeñados en postos de inspección sanitaria na Administración estatal, ISM ou Insalud, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade coa disposición transitoria segunda da Lei 17/1989, o cómputo da baremación establecerase mediante a aplicación do 0,75 % da puntuación total alcanzable na fase de oposición, por cada mes de servicios prestados, ata un máximo do 45% da dita puntuación total. Coas fraccións de mes debidamente totalizadas efectuarase unha división enteira entre 30.

En todo caso, non se valorarán os servicios prestados antes do día 18 de maio de 1981, nin os prestados como persoal estatutario do Sistema Nacional de Saúde, nin os servicios prestados como persoal laboral temporal que fose ou que se encontre contratado con cargo a créditos consignados no capítulo VI dos orzamentos da Consellería de Sanidade ou do Servicio Galego de Saúde. Si se valorarán os servicios prestados como persoal temporal contratado especificamente para o desempeño de funcións da inspección sanitaria.

3. Realizada polo tribunal a baremación correspondente, publicarase no Diario Oficial de Galicia o anuncio da súa exposición.

Contra a baremación os aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación perante o propio tribunal no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

4. Á vista das reclamacións achegadas e realizadas, se é o caso, as oportunas correccións á baremación inicialmente asignada a cada aspirante, o tribunal publicará no Diario Oficial de Galicia o acordo que conteña a relación de aspirantes, pola orde de puntuación acadada, indicando a puntuación obtida en cada unha das fases e a puntuación total que será a suma de ámbalas dúas. A dita relación indicará as diferentes quendas de acceso, así como os aspirantes definitivamente seleccionados, elevando esta relación á autoridade convocante.

5. O sistema de desempate efectuarase a prol do aspirante que teña a maior puntuación na fase de oposición no seu conxunto e de persisti-lo empate, pola maior puntuación nos exercicios da fase de oposición atendendo á súa orde de realización. De persistir aínda o empate, dirimirase a prol do aspirante con maior puntuación na fase de concurso. Por último, decidirá a maior idade do aspirante.

6. En ningún caso o tribunal poderá declarar que superaron o concurso-oposición un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas. Tal declaración será nula de pleno dereito.

7. Perderán os dereitos derivados da súa participación no concurso-oposición os aspirantes seleccionados que, sen causa xustificada, non tomen posesión da praza correspondente.

Neste suposto cubriranse as ditas prazas cos aspirantes que cumpran as condicións esixidas nestas bases, que superasen a fase de oposición e non fosen seleccionados inicialmente. A dita cobertura realizaraa a autoridade convocante segundo a orde de puntuación acadada polos aspirantes no proceso selectivo quedando expresamente facultada para, nestes supostos, altera-la proposta inicial do respectivo tribunal.

O persoal así seleccionado deberá cumprir igualmente os trámites previstos nesta base para o resto do persoal seleccionado.

Sétima.-Adxudicación de destinos.

1. Os aspirantes seleccionados quedarán en expectativa de nomeamento ata que se lles adxudique un posto de traballo con destino provisional en atención ás vacantes que se vaian producindo na clase respectiva, pola orde de puntuación final do concurso-oposición.

Para estes efectos, a División de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia unha resolución pola que se anuncie a relación de prazas que se ofrecen ós aspirantes seleccionados e se lles cite a estes para o acto de elección de destino.

Os destinos definitivos outorgaranse mediante o correspondente concurso de traslados, no que, obrigatoriamente, terán que participar tódolos aspirantes que resultasen seleccionados no proceso selectivo, coa obriga de solicitar tódalas vacantes existentes, pola orde de saída da oposición.

2. En todo caso, tanto na adxudicación provisional como no concurso de traslados posterior, terán preferencia para cubri-las vacantes os aspirantes seleccionados que accedan polo sistema de promoción interna.

3. A toma de posesión do posto de traballo polo persoal seleccionado no presente concurso-oposición levará aparellado, se é o caso, o cesamento do persoal interino que veña desempeñando temporalmente o posto de traballo.

Oitava.-Norma derradeira.

1. Esta convocatoria e as súas bases vinculan a Administración, os tribunais encargados de xulga-lo concurso-oposición e os que participen nel.

2. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Potestativamente, no prazo dun mes, poderá interpoñerse recurso de reposición ante esta consellería.

3. Así mesmo, cantos actos administrativos sexan producidos polos tribunais ou pola División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, poderán ser impugnados polos interesados de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro,

de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Igualmente, a Administración poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións dos tribunais, conforme o previsto nas leis.

5. Os recursos contencioso-administrativos que se interpoñan contra esta convocatoria e sucesivos actos do proceso selectivo serán anunciados no Diario Oficial de Galicia para os efectos de citación ós posibles interesados.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2003.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos

do Servicio Galego de Saúde

ANEXO I

Os temarios que rexerán nas probas selectivas para ámbalas dúas clases foron publicados no DOG nº 134, do 12 de xullo de 2002.

A) Clase de inspectores médicos.

1º exercicio:

Contestación por escrito dun cuestionario de 150 preguntas con respostas alternativas, sobre o contido do grupo I do programa, nun prazo máximo de 3 horas.

Este exercicio será valorado de 0 a 90 puntos.

2º exercicio:

Nun prazo máximo de 4 horas, os aspirantes terán que desenvolver por escrito 2 temas, elixidos entre os 4 sorteados ó chou polo tribunal, relativos ó grupo II do programa.

Neste exercicio valoraranse, especialmente, o coñecemento e a orde de ideas, así como a calidade da expresión escrita.

Posteriormente, os aspirantes serán convocados para proceder á súa lectura pública perante o tribunal.

Este exercicio será valorado de 0 a 60 puntos.

3º exercicio:

Resolución por escrito dun ou varios supostos prácticos propostos polo tribunal, relacionados co contido de calquera parte ou partes do programa no tempo máximo de 4 horas. Para a realización deste exercicio, os aspirantes poderán utilizar toda clase de textos que se consideren axeitados, sempre que non sexan comentados. Nesta proba valorarase o rigor analítico, a sistemática, a claridade de ideas e o conxunto de razoamentos utilizados polo aspirante.

Este exercicio será valorado de 0 a 50 puntos.

4º exercicio:

Contestación, durante un período máximo de vinte minutos, dun cuestionario de dez preguntas, con respostas alternativas, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos aspirantes da lingua gale

ga. Este exercicio valorarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obte-lo resultado de apto, correspondendo o tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-lo resultado de apto.

Quedarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acreditaran estar en posesión do curso de perfeccionamento de galego ou estudios equivalentes, segundo a normativa vixente de homologación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que de supera-lo terceiro exercicio, terán a consideración de aptos no carto exercicio.

B) Clase de subinspectores sanitarios.

1º exercicio:

Contestación por escrito dun cuestionario de 120 preguntas con respostas alternativas, sobre o contido do grupo I do programa, nun prazo máximo de 2 horas e 30 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 72 puntos.

2º exercicio:

Nun prazo máximo de 4 horas, os aspirantes terán que desenvolver por escrito 2 temas, elixidos entre os 4 sorteados ó chou polo tribunal, relativos ó grupo II do programa.

Neste exercicio valoraranse, especialmente, o coñecemento e a orde de ideas, así como a calidade da expresión escrita.

Posteriormente, os aspirantes serán convocados para proceder á súa lectura pública perante o tribunal.

Este exercicio será valorado de 0 a 48 puntos.

3º exercicio:

Resolución por escrito dun ou varios supostos prácticos propostos polo tribunal, relacionados co contido de calquera parte ou partes do programa no tempo máximo de 4 horas. Para a realización deste exercicio, os aspirantes poderán utilizar toda clase de textos que se consideren axeitados, sempre que non sexan comentados. Nesta proba valorarase o rigor analítico, a sistemática, a claridade de ideas e o conxunto de razoamentos utilizados polo aspirante.

Este exercicio será valorado de 0 a 40 puntos.

4º exercicio:

Contestación, durante un período máximo de vinte minutos, dun cuestionario de dez preguntas, con respostas alternativas, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos aspirantes da lingua galega. Este exercicio valorarase como apto o no apto, sendo necesario para supera-lo obte-lo resultado de apto, correspondendo ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-lo resultado de apto.

Quedarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acreditaran estar en posesión do curso de perfeccionamento de galego ou estudios

equivalentes, segundo a normativa vixente de homologación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que de supera-lo terceiro exercicio, terán a consideración de aptos no carto exercicio.

ANEXO II

Solicitude de devolución de dereitos de exame

D/Dna..., con DNI nº..., domiciliada en..., teléfono de contacto..., optando á clase de..., de conformidade coa base cuarta da correspondente convocatoria,

SOLICITO:

A devolución efectiva dos dereitos de exame, para o que achego necesariamente copia da miña instancia e do modelo de autoliquidación de taxas, na seguinte conta bancaria (especifica-los vinte díxitos): Asino a presente en (lugar), a (data) (Asinado)

Director xeral da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO

DE LUGO