Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 28 de abril de 2003 Páx. 5.361

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos ós procesos selectivos para o ingreso nas distintas categorías dos grupos III, IV e V do persoal laboral da Xunta de Galicia, convocados pola Orde do 26 de decembro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 2, do 3 de xaneiro).

De conformidade co disposto na base cuarta punto 1 da Orde do 26 de decembro de 2002 da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública pola que se convoca o proceso selectivo para o acceso ás categorías 80 (capataz de establecemento) e 100 (xefe de cuadrilla de defensa contra incendios forestais) do grupo III, ás categorías 32 (operador-codificador defensa contra incendios), 33 (conductor de motobomba defensa contra incendios forestais) 37 (oficial 2ª mecánico máquinas defensa contra incendios forestais) do grupo IV e 9 (celador 2ª vixiante recursos naturais), 10f (peón forestal), 10b (vixiante fixo defensa contra incendios forestais), 10c (emisorista defensa contra incendios forestais) 14 (peón defensa contra incendios forestais) 14a (peón-conductor defensa contra incendios forestais) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (DOG nº 2, do 3 de xaneiro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Aproba-la lista de admitidos e excluídos ó proceso selectivo para o ingreso nas categorías numeradas no parágrafo anterior correspondentes ó persoal laboral da Xunta de Galicia.

Segundo.-A relación de aspirantes admitidos estará exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, nas oficinas de información dos edificios administrativos de Vigo e Ferrol, así como nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos que, para cada categoría se recollen na base segunda da devandita orde de convocatoria, e todo iso en relación coa base novena desta.

Para solicitar información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12, en horario de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Terceiro.-Publica-la relación de excluídos nas distintas categorías, con referencia á/s causa/s de exclusión, figurando tal relación como anexo I á presente resolución.

De conformidade co disposto no punto 2 os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, para emendar, se é o caso, os defectos que motivaron a súa exclusión.

Os aspirantes que non figuren nin admitidos nin excluídos disporán do mesmo prazo para realiza-la correspondente reclamación.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública