Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 28 de abril de 2003 Páx. 5.378

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE LUGO

CÉDULA de notificación (423/2002).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentencia número 155/2002. Procedemento: xuízo verbal 423/2002. Xuíz que a dicta: Susana Vázquez Mariño. Lugo. Data: doce de novembro de dous mil dous. Parte demandante: A.M.A. Agrupación Mutual Aseguradora. Avogado: Sr. López Acuña. Procurador: Ricardo López Mosquera. Parte demandada: Carlos Deiros Díaz, en rebeldía. Obxecto do xuízo: reclamación de cantidade.

Decido: que estimando a demanda interposta polo procurador Sr. López Mosquera, en nome e representación da entidade AMA, Agrupación Mutual Aseguradora, contra Carlos Deiros Díaz, condeno a este a aboarlle á entidade demandante a suma de 170,07 euros, máis os xuros legais dela desde a data da interpelación xudicial, con expresa imposición ó demandado das custas do presente procedemento. Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Lugo (artigo 455 LACn). O recurso prepararase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte da notificación, limitado a cita-la resolución apelada, manifestando a vontade de recorrer, con expresión dos pronunciamentos que impugna (artigo 457.2º LAC). Así por esta sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Carlos Deiros Díaz, expídese esta cédula para que sirva de notificación.

Lugo, vinteseis de novembro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado