Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 28 de abril de 2003 Páx. 5.347

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de Técnicas Medioambientales-Tecmed, S.A. no centro de traballo de Santiago de Compostela.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo de Técnicas Medioambientales-Tecmed, S.A. no centro de traballo de Santiago de Compostela, que tivo entrada nesta delegación provincial

o día 27-1-2003, subscrito en representación da parte económica pola empresa e, da parte social, polo comité de empresa o día 22-1-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, de 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de febreiro de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo de Técnicas Medioambientales-Tecmed, S.A.

Asistentes.

Pola empresa:

Antonio Gómez García.

Pola parte social:

José Míguez Suárez.

Agustín Vázquez Guerra.

Juan Manuel Míguez Mirás.

Evaristo Montaos Vieites.

Francisco Sebio Peña (Ases. CUT).

Alfredo Santomil García (Ases. CIG).

En Santiago de Compostela, sendo as 12 horas do día 22 de xaneiro de 2003, reúnense as persoas á marxe relacionadas, como membros da comisión paritaria do convenio colectivo da empresa Técnicas Medioambientales-Tecmed, S.A., co obxecto de proceder a aplica-la revisión económica que establece o artigo 17 do convenio colectivo.

Regularízanse as táboas salariais correspondentes ó ano 2002, pola aplicación do IPC resultante o 31-12-2002, o 4%, máis o 1%, de acordo co establecido no artigo 16º. Anexo I.

Despois de feita esta regularización, aplícase a suba salarial pactada para 2003, con efectos de 1-1-2003, nun 3%, sobre as táboas anteriores. Anexo I.

Os premios de xubilación que establece o artigo 30 do convenio colectivo quedan nos seguintes importes:

Idade 2002 2003

60 anos2.945,63 A3.034,00 A

61 anos2.334,29 A2.404,32 A

62 anos1.834,08 A1.889,10 A

63 anos1.222,73 A1.259,41 A

64 anos 778,08 A 801,42 A

O fondo para bolsas, artigo 36 do convenio, queda fixado en 4.003,31 A, para 2002, e en 4.123,41 A, para 2003.

Acórdase remitir esta acta, cos seus anexos, á Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Interior, Xustiza e Relacións Laborais da Xunta de Galicia para que se proceda ó seu rexistro e posterior publicación no boletín oficial correspondente.

Sen máis asuntos que tratar dáse por rematada a reunión sendo as 13 horas do día do encabezamento.

Salarios para 2002 (revisión)

CategoríaSalario basePlus T.P.P.Plus E.C.Plus transporteIncentivosSalario anual

Peón787,06 A157,41 A0,00 A69,15 A0,00 A15.217,23 A
Conductor824,23 A82,42 A103,03 A69,15 A0,00 A16.143,97 A
Vixiante824,23 A82,42 A103,03 A69,15 A0,00 A16.143,97 A
Mecánico824,23 A164,85 A208,68 A69,15 A0,00 A18.400,93 A
Aux. administrativo787,06 A0,00 A169,33 A69,15 A0,00 A15.698,93 A
Administrativo898,11 A0,00 A194,25 A69,15 A0,00 A17.811,29 A
Xefe servicios898,11 A179,62 A194,25 A69,15 A551,71 A28.049,91 A

Salarios para 2003

CategoríaSalario basePlus T.P.P.Plus E.C.Plus transporteIncentivosSalario anual

Peón812,75 A162,55 A0,00 A70,62 A0,00 A15.802,04 A
Conductor851,03 A85,10 A106,38 A70,62 A0,00 A16.761,68 A
Vixiante851,03 A85,10 A106,38 A70,62 A0,00 A16.761,68 A
Mecánico851,03 A170,21 A214,94 A70,62 A0,00 A19.085,72 A
Aux. administrativo812,75 A0,00 A174,41 A70,62 A0,00 A16.293,18 A
Administrativo927,13 A0,00 A200,08 A70,62 A0,00 A18.482,64 A
Xefe servicios927,13 A185,43 A200,08 A70,62 A568,26 A29.034,30 A