Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 28 de abril de 2003 Páx. 5.347

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 14 de abril de 2003 pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a concesión de axudas destinadas á prestación de servicios sociais polas corporacións locais, convocadas pola Orde do 8 de xaneiro de 2003.

A Orde do 8 de xaneiro de 2003, pola que se regulan axudas destinadas á prestación de servicios sociais polas corporacións locais (DOG nº 13, do 21 de xaneiro), establece no seu artigo 6 o importe da contía máxima das axudas que ó abeiro dela poderán ser concedidas ós solicitantes.

Non obstante, e como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre amplia-lo importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ó abeiro da referida Orde do 8 de xaneiro de 2003, coa finalidade de facer chegar estas ó maior número de beneficiarios posible.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Amplíase o importe da contía máxima que se vai conceder ó abeiro da Orde do 8 de xaneiro de 2003, pola que se regulan axudas destinadas á prestación de servicios sociais polas corporacións locais na cantidade de setecentos sesenta e sete mil cincocentos dezaoito euros (767.518 A) con cargo á aplicación orzamentaria 16.02.212A.761.1 que figura dotada nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003.

Segundo.-Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2003.

Mª José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego

e Relacións Laborais