Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 28 de abril de 2003 Páx. 5.325

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 230/2003, do 11 de abril, polo que se desafecta do dominio público o inmoble situado na rúa Santiago, 19, termo municipal de Ribadavia (Ourense).

A Comunidade Autónoma de Galicia ten a titularidade do inmoble situado na rúa Santiago, 19, termo municipal de Ribadavia (Ourense), que figura no Inventario Xeral de Bens e Dereitos co código de centro O0601, como ben de dominio público.

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte solicitou da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo a cesión do dito inmoble, co fin de dedicalo á ampliación do Museo Etnolóxico de Ribadavia, de titularidade estatal.

A antedita consellería, que ten na actualidade adscrito o inmoble, emitiu informe favorable sobre a cesión solicitada, o que implica, á vista do disposto no artigo 24 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, a conformidade coa desafectación do dominio público do devandito inmoble.

Por todo isto, ó abeiro do disposto no artigo 10 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de abril de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Desáfectase do dominio público o inmoble situado na rúa Santiago, 19, termo municipal de Ribadavia (Ourense), que consta de baixo e tres plantas altas, cun terreo adxacente e un patio. A edificación ocupa en planta 55,50 m; o patio, 37,50 m e o terreo adxacente, 28,16 m. Linda o inmoble no seu conxunto: ó norte e ó oeste, casa que foi de Jesús Pousa; ó sur, travesía de Santiago; e ó leste, rúa Santiago.

Artigo 2º

O ben inmoble antes descrito adquire natureza patrimonial, sen prexuízo do cumprimento da recepción formal por parte da Consellería de Economía e Facenda do ben desafectado de conformidade co disposto no artigo 27 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Laias-Cenlle (Ourense), once de abril de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA