Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 28 de abril de 2003 Páx. 5.324

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO229 /2003, do 11 de abril, polo que se desafecta do dominio público varios bens inmobles situados nos termos municipais de Coristanco, Ponteceso, As Pontes de García Rodríguez, Narón, Fisterra e Vedra (A Coruña).

A Comunidade Autónoma de Galicia, en virtude do Real decreto 3317/1982 (BOE nº 291, do 4 de decembro), modificado polo Real decreto 2708/1983, sobre transferencias de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de estradas (BOE nº 255, do 25 de outubro), integrou no seu patrimonio as casetas de legoeiros e os predios de obras públicas anexos ás estradas transferidas.

O artigo 10.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, sinala que cando os bens e dereitos non fosen necesarios para o cumprimento dos fins determinantes da súa afectación, cesará a súa natureza demanial e adquirirán a condición de patrimoniais, sen prexuízo, se é o caso, do dereito de reversión nos termos da lexislación de expropiación forzosa respecto daqueles bens adquiridos por este título. Neste sentido, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, que ten adscritos os bens, emitiu informe favorable sobre a súa desafectación, ó non resultar necesarios para o servicio. Segundo o anterior foron tramitados pola Consellería de Economía e Facenda os expedientes de desafectación do dominio público do bens de referencia.

Por todo isto, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de abril de dos mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Desaféctanse do dominio público os bens descritos a continuación:

a) Inmoble sito no punto quilométrico 46 da estrada C-552 da Coruña a Fisterra, lugar de Agolada, no termo municipal de Coristanco (A Coruña); que ten unha superficie aproximada de 370 m. Sobre este predio construíuse unha «caseta de legoeiro», dunha superficie aproximada de 110 m. Estrema: ó norte, con Manuel Abelenda Pose e Mª Ángeles Vila García; ó sur, coa estrada C-552 da Coruña a Fisterra;

ó leste, coa estrada C-552 da Coruña a Fisterra; e ó oeste, con Mª Ángeles Vila García.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Carballo no tomo 1.168, libro 123 de Coristanco, folio 37, predio nº 13.225, inscrición 1ª.

b) Inmoble sito no punto quilométrico 8,930 da estrada LC-422 de Buño a Ponteceso, lugar de Tella, no termo municipal de Ponteceso (A Coruña); que ten unha superficie aproximada de 1.475 m. Sobre este predio construíuse unha «caseta de legoeiro», dunha superficie aproximada de 108 m. Estrema: ó norte, con Mª del Carmen Pensado Pose; ó sur, coa estrada AC-422 de Buño a Ponteceso; ó leste, con Amable Gutiérrez Díaz; e ó oeste, con Jesús Souto Moreira.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Carballo no tomo 1.166, libro 148 de Ponteceso, folio 102, predio nº 14.387, inscrición 1ª.

c) Inmoble sito no punto quilométrico 479,8 da C-641 de Rábade a Ferrol, actualmente avda. das Veigas, no termo municipal das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), dunha superficie aproximada de 587 m, onde se sitúa unha caseta de legoeiros dunha superficie aproximada de 139 m. Estrema: ó norte, con Endesa Generación, S.A.; ó sur, coa estrada C-641 de Rábade a Ferrol; ó leste, con Endesa Generación, S.A.; e ó oeste, con Endesa Generación, S.A.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ferrol no tomo 2.159, libro 146 do Concello das Pontes de García Rodríguez, folio 20, predio nº 16.137, inscrición 1ª.

d) Predio rústico nº 2.097 do plano xeral da zona de concentración parcelaria de Val-Castro-Trasancos, no lugar de Maciñeiras, no termo municipal de Narón (A Coruña), dunha superficie aproximada de 5 áreas e 60 centiáreas. Estrema: ó norte, con Benito Pazos Freire (2.095); ó sur e leste, con Manuel Pantín Santamaría (2.098) e ó oeste, coa estrada de Ferrol a Cedeira.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ferrol, no tomo 1.115, libro 219, folio 136, predio nº 26.556, inscrición 2ª.

e) Predio rústico nº 1.001 do plano xeral da zona de concentración parcelaria de San Martiño e San Vicente de Duio, sito no punto quilométrico 105,800 da estrada C-550, no lugar de Curro Braña, no termo municipal de Fisterra (A Coruña), dunha superficie aproximada de 3 áreas e 80 centiáreas. Estrema: ó norte, con Esperanza Nemiña Canosa (999); ó sur, con camiño; ó leste, con Manuel Cartamil Fernández (1000) e Agustín Díaz Lobelos (1.002) e ó oeste, con Matías Nemiña Canosa (1.020).

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Corcubión, no tomo 870, libro 96 de Fisterra, folio 13, predio nº 5.741-N, inscrición 2ª.

f) Predio rústico, sito no punto quilométrico 52,800 da estrada AC-241 da Ponte Ulla a Pontevea, no termo municipal de Vedra (A Coruña), dunha superficie aproximada de 112 m. Estrema: ó norte, con

predio de Mª del Carmen Carrillo López; ó sur, coa estrada AC-241 da Ponte Ulla a Pontevea; ó leste, con predio de Mª del Carmen Carrillo López; e ó oeste, con predio de Mª del Carmen Carrillo López.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Santiago de Compostela, no tomo 1.421, libro 127 do Concello de Vedra, folio 32, predio nº 13.633, inscrición 1ª.

Artigo 2º

Os inmobles anteriormente descritos adquiren natureza patrimonial.

Laias-Cenlle (Ourense), once de abril de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda