Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 28 de abril de 2003 Páx. 5.325

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 20 de marzo de 2003 pola que se regulan as axudas complementarias destinadas a mozos adquirentes de vivendas de protección pública.

Advertido erro no texto da dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 60, do 26 de marzo de 2003, cómpre efectua-la seguinte corrección:

Na páxina 3.709, no artigo 2º.5, onde di: «Que non solicitasen as devanditas axudas ó abeiro das ordes do 22 de setembro de 2000, do 18 de xullo de 2001 e do 3 de xuño de 2002, coa excepción daqueles casos en que as solicitudes remataron o seu procedemento sen obter ningún beneficio», debe dicir: «Que non solicitasen as devanditas axudas ó abeiro das ordes do 22 de setembro de 2000, do 18 de xullo de 2001 e do 13 de xuño de 2002, coa excepción daqueles casos en que as solicitudes remataron o seu procedemento sen obter ningún beneficio».