Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 28 de abril de 2003 Páx. 5.322

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 227/2003, do 3 de abril, polo que se acepta a cesión, a título gratuíto, dun terreo situado no concello de Gondomar (Pontevedra), destinado á construcción dunha estación de autobuses.

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Gondomar, reunido en sesión realizada o día 27

de novembro de 2001, acordou cederlle á Comunidade Autónoma de Galicia un predio situado no termo municipal de Gondomar, destinado á construccción dunha estación de autobuses.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o correspondente expediente de aceptación de cesión, de conformidade co disposto nos artigos 16, 17 e 23 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 33, 34 e 38 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Gondomar acordou a cesión, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día tres de abril de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión feita polo Concello de Gondomar, a título gratuíto, dun predio situado na rúa Diego Sarmiento de Acuña, no termo municipal de Gondomar, de mil oitocentos cincuenta metros cadrados. Linda: ó norte, ó leste e ó oeste, resto do predio matriz, e ó sur, rúa Diego Sarmiento de Acuña.

Figura inscrito a nome do Concello de Gondomar predio 14182 ó folio 194, libro 140 tomo 2.191 de Gondomar, inscrición 1ª.

Artigo 2º

O predio cedido destinarase á construcción dunha estación de autobuses.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e á inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade deste decreto.

Santiago de Compostela, tres de abril de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda