Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 25 de abril de 2003 Páx. 5.286

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE OURENSE

EDICTO (488/2002).

Ignacio Martín García, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Ourense, fai saber que nos autos que a seguir se dirán figura dictada a sentencia que no seu encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentencia nº 86/2003. En Ourense o once de marzo de dous mil tres. Vistos por Amparo Lomo del Olmo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Ourense e o seu partido, estes autos de divorcio seguidos neste xulgado co número de procedemento 488/2002, por instancia de Daniel Domínguez Abuín, representado polo procurador Andrés Tabarés Pérez-Piñeiro e defendido polo letrado Ramón F. González Doniz, sendo parte demandada Concepción de la Iglesia Mellado, que foi declarada en rebeldía no transcurso das actuacións.

Decido que estimando integramente a demanda formulada pola representación de Daniel Domínguez Abuín contra Concepción de la Iglesia Mellado, debo acordar e acordo a disolución do matrimonio por divorcio dos indicados, con tódolos efectos legais inherentes a tal declaración, revogándose os poderes e consentimentos que se puidesen ter conferido os cónxuxes e disolvéndose o réxime económico matrimonial, todo isto sen facer expresa imposición das custas causadas no procedemento.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación que se preparará perante este xulgado dentro do prazo de cinco días, contados desde o seguinte á súa notificación, na forma prevista no artigo 457 da LAC.

Dedúzase testemuño literal desta sentencia orixinal no libro de sentencias civís.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

En virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 497.2º da Lei 1/2000, de axuizamento civil, expido este edicto para que sirva de notificación en legal forma á demandada Concepción de la Iglesia Mellado, actualmente en ignorado paradoiro.

En Ourense o dezaoito de marzo de dous mil tres.

O secretario xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA