Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 25 de abril de 2003 Páx. 5.286

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (141/2002).

En Santiago de Compostela o 5 de febreiro de 2003.

María Fe López Juiz, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción

número tres de Santiago de Compostela dictou a presente no xuízo de faltas 141/2002 no que é parte denunciante José Cotón Botana e parte denunciada María de los Ángeles Iglesias Mariño, e intervindo o Ministerio Fiscal, sentencia:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Estas actuacións incoáronse en virtude de denuncia verbal presentada en data 31 de marzo de 2002. Tras citación das partes para xuízo, este celebrouse o 28 de xaneiro de 2003, co resultado que consta na acta.

Segundo.-No acto da vista as partes non compareceron malia estaren citadas en forma con tódalas garantías legais, non formulando acusación o Ministerio Fiscal por falta de proba.

Feitos probados.

Único.-Que en data 31 de marzo de 2002 o denunciante presenta denuncia por lesións, non probándose os feitos relatados nela ó incompareceren as partes no acto de xuízo oral, non formulando acusación o Ministerio Fiscal por falta de probas.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Procede dictar unha sentencia absolutoria, pois o sistema penal español esixe para a imposición de condena penal a proba plena da acusación, tendo en conta que non resultan acreditados os feitos que se lle imputan ó denunciado, procede conforme o principio in dubio pro reo e o artigo 24 da Constitución dictar sentencia absolutoria.

Ademais, segundo a doutrina sentada polo Tribunal Constitucional (st. 18 de abril de 1985), no sistema penal español rexe o principio acusatorio conforme o cal a facultade de xulgar depende de que algunha das partes procesuais, xa sexa o Ministerio Fiscal ou o acusador particular exerzan a acción penal, posto que só neste caso poderá o xuíz dictar sentencia condenatoria, quedando en caso de falta de acusación, vinculado por este e compelido a dictar sentencia absolutoria.

En consecuencia, facendo aplicación do exposto ó presente caso, ó non soster acusación, ningunha das partes, sen que vistas as circunstancias do caso procede facer uso da facultade establecida no artigo 644 da LAC nin por analoxía do previsto no artigo 733 do mesmo corpo penal procede dictar sentencia absolutoria.

Segundo.-De conformidade co establecido nos e 240 da LAC, procede declara-las custas de oficio.

Decido que debo absolver e absolvo a María de los Ángeles Iglesias Mariño da falta que se lle imputa.

En canto ás custas procesuais, atéñase ó disposto no último fundamento de dereito.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poderán interpor perante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días seguintes ó da súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

Rubricado

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO

NÚMERO TRES DE PONTEVEDRA