Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 25 de abril de 2003 Páx. 5.285

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (972/2002).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifica que nos autos seguidos neste xulgado por instancia de Vicente Miguel Corral Prieto, contra Claudina Castro, sobre demanda de divorcio número 972/2002, se dictou o seguinte edicto:

Cédula de emprazamento.

En virtude da resolución dictada nesta data por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez dos da Coruña e o seu partido, coñecendo en autos de divorcio seguidos neste xulgado co número 972/2002, por instancia de Vicente Miguel Corral Prieto, representado polo procurador sr. Cortiñas Fariña, contra Claudina Castro, por esta cédula e con entrega das oportunas copias de demanda e documentos que se xuntan, confírese traslado dela e emprázase a demandada que se dirá para que, no improrrogable prazo de vinte días, compareza nos autos, por medio de avogado e procurador, e conteste á demanda, propoñendo, se é o caso, reconvención, baixo apercibimento de ser declarada en rebeldía e de non facerlle máis notificacións que as sinaladas na lei.

E para que conste, e sirva de emprazamento á parte demandada Claudina Castro, expido este edicto na Coruña, 19 de marzo de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado