Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 25 de abril de 2003 Páx. 5.285

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PAZ DE BERGONDO

EDICTO (3/2002).

Eu, Clara M. Martínez Peón, secretaria en funcións do Xulgado de Paz de Bergondo-A Coruña, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 3/2002 se dictou a resolución que contén a seguinte citación:

En virtude de se ter acordado en xuízo de faltas número 3/2002, por este edicto cítase a Antonio Mosquera Suárez, en paradoiro descoñecido, e co último domicilio en Fontán número 16 da localidade de Sada-A Coruña, fillo de Ramón e de Alicia, nado o 23 de xuño de 1955 e con DNI número 76323845, ó xuízo sinalado para o día 30 de maio, ás 13 horas, e ante o Xulgado de Paz de Bergondo, en calidade de denunciado, e sendo denunciante Pío Rascón Negreira, seguido por coaccións e danos.

Fáiselle saber que deberá comparecer cos medios de proba dos que tente valerse e asistido de letrado, de lle convir, apercibíndoo de que, de non comparecer sen xusta causa que llo impida, recaerá sobre el o prexuízo ó que haxa lugar en dereito.

E para que conste e lle sirva de notificación a Antonio Mosquera Suárez, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Bergondo o 24 de marzo de 2003.

A secretaria

Rubricado