Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 25 de abril de 2003 Páx. 5.263

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das táboas salariais para o ano 2003 do convenio colectivo do sector de industrias de bebidas refrescantes.

Vista a acta das táboas salariais para o ano 2003 do convenio colectivo do sector de industrias de bebidas refrescantes, con nº de código 3600165, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 6-3-2003, subscrita pola comisión paritaria do convenio, en data 3-3-2003. De conformidade co disposto no artigo 10 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de marzo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Asistentes:

Parte empresarial: José C. Andrade Lago.

Parte social (CIG): Luciano Villar González.

Acta:

En Vigo o tres de marzo de 2003, reúnense as persoas á marxe indicadas, na súa condición de mem

bros da comisión paritaria do convenio colectivo de bebidas refrescantes da provincia de Pontevedra, para trata-la seguinte orde do día:

Única. Táboas salariais para o ano 2003.

Reunida a comisión para establece-las táboas salariais do ano 2003, segundo o establece o artigo 10 do convenio colectivo de industrias de bebidas refrescantes, establécese o seguinte:

1. O incremento sinalado para o ano 2003 é do 2%.

2. Complemento de convenio: 76,89 A.

3. Complemento de transporte: 38,04 A.

4. As táboas salariais para o período comprendido entre o 1-7-2002 a 30-6-2003 serán as que figuran no anexo.

E non habendo máis asuntos que tratar levantouse a sesión ás vinte horas do día 3 de marzo de 2003, no lugar e data arriba mencionados, de todo o cal os asistentes asinan en proba de conformidade.

Táboas salariais desde o 1-7-2002 ó 30-6-2003

CategoríaSalario

día

Suplemento

de transporte

Transporte mensual

Peón17,586,3844,42
Subalternos18,216,3544,39
Axudante18,216,3544,39
Auxiliar administrativo18,216,3544,39
Oficial segunda19,926,9645,00
Oficial primeira ou vendedor21,447,5245,56
Encargado21,667,5945,63
Encargado sección26,109,2847,32
Encargado xeral30,6211,0249,06