Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 25 de abril de 2003 Páx. 5.263

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da táboa salarial e calendario laboral para o ano 2003 do convenio colectivo da empresa Maderas Iglesias, S.A.

Vista a acta da táboa salarial e calendario laboral para o ano 2003 do convenio colectivo da empresa Maderas Iglesias, S.A., con nº de código 3603612, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 5-3-2003, subscrita en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 23-1-2003. De conformidade co disposto no artigo 29 e outros do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios

da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de marzo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo Maderas Iglesias, S.A.

23 de xaneiro de 2003, 18 horas, sala de reunións de Sanguiñeda (Mos).

Membros do comité de empresa:

Troncoso Vila, Laura.

Álvarez García, Pedro.

Molares Rivas, Vicente.

Puentes Graña, Jaime.

García Carrera, Enriqueta.

Varela Redondo, Manuel.

Maderas Iglesias, S.A.:

Manuel Maneiro.

Rafael Martínez.

Invitados:

Conselleiro delegado: J. Ramón Iglesias Álvarez.

Asesor do comité de empresa: sr. Melón.

Asesor da empresa: sr. Castro.

Asuntos tratados:

1. Aprobación da táboa salarial do ano 2003 do convenio colectivo Maderas Iglesias, S.A.

As partes negociadoras acordan as táboas salariais para o ano 2003, a teor do establecido no artigo 29 do convenio colectivo Maderas Iglesias, S.A., incorporándose adxunta esta acta.

2. Calendario laboral do 2003.

As partes acordan establece-los seguintes días festivos de convenio para o ano 2003: 16 de abril, 2 de maio, 21 de xullo, 22 de xullo, 24 de decembro e 31 de decembro.

Os días 21 e 22 de xullo establécense como festivos de convenio para tódolos centros de traballo no lugar dos festivos locais correspondentes ó municipio do centro de traballo.

3. Ámbalas partes acordan establece-las cantidades referentes ó complemento de especialidade (artigo 35, punto 4º) para o ano 2003, as seguintes:

Peón: 66,74 A.

Oficial 3ª: 80,09 A.

Oficial 2ª: 93,44 A.

Oficial 1ª: 106,79 A.

Xefe de taller: 120,14 A.

Xefe de mantemento: 133,48 A.

4. Ámbalas partes acordan modifica-las contías establecidas no artigo 39, punto 1º respecto ás axudas de custo para o ano 2003, establecendo as seguintes:

-Axuda de custo completa con pernocta: 43,54 A.-Axuda de custo completa: 18,66 A.-Media axuda de custo: 9,33 A.

5. Ámbalas partes acordan establece-la contía do complemento de transporte para o persoal que non estea a utilizar nin utilice no futuro os servicios de transporte na empresa (artigo 40.1º a), na cantidade de 2,54 A, para o ano 2003.

6. Remitirse esta acta así como a táboa salarial adxunta á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais para os efectos da publicación no boletín oficial competente.

Polo que en mostra da súa conformidade asinan no lugar e data indicados no encabezamento.

ANEXO I

Táboa salarial Maderas Iglesias, S.A. ano 2003

Salario 2002Salario 20012%Táboa

a 31-12

Táboa salarial 2003Salario día

Fabricación
Peón633,05590,2511,80644,85667,4322,25
Oficial 3ª645,07594,5311,80656,87679,8622,66
Oficial 2ª663,10614,2611,80674,90698,5223,28
Oficial 1ª693,15633,3911,80704,95729,6224,32
Xefe equipo753,25633,3911,80765,05791,8326,39
Encargado sección843,40637,6611,80855,20885,1329,5
Mantemento
Peón651,08 662,88686,0822,87
Oficial 3ª663,10 674,90698,5223,28
Oficial 2ª681,13 692,93717,1823,91
Oficial 1ª711,18 722,98748,2824,94
Xefe taller771,28 783,08810,4927,02
Xefe mantemento861,43 873,23903,7930,13
Administrativo
Auxiliar645,07582,5611,80656,87679,8622,66
Oficial 2ª663,10620,6111,80674,90698,5223,28
Oficial 1ª693,15654,7811,80704,95729,6224,32
Xefe departamento753,25698,4911,80765,05791,8326,39
Director879,4711,80891,27922,4630,75