Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 25 de abril de 2003 Páx. 5.262

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da actualización da táboa salarial para o ano 2002 do convenio colectivo da empresa Maviva, S.A.

Vista a acta da actualización da táboa salarial para o ano 2002 do convenio colectivo da empresa Maviva, S.A., con nº de código 3603262, que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais o día 7-3-2003, subscrita pola comisión paritaria do convenio en data 6-3-2003. De conformidade co disposto no artigo 15 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante

nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de marzo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Comisión paritaria:

Representación empresarial:

Carmen Lema Díaz.

Manuel Martínez Lago.

Representación social:

José Carbajo Rodríguez.

Juan Carlos Rodríguez González.

Vigo, 6 de marzo de 2003.

Na sala de reunión de Maviva, ás 16.40 horas ten lugar a comisión paritaria con motivo de informa-lo comité de empresa do punto 3 da disposición transitoria primeira e acorda-la actualización da táboa salarial do ano 2002, con motivo da revisión IPC efectuada.

-A parte empresarial explícalle polo miúdo á parte social o punto 3 da disposición transitoria primeira, comprobándose que non se cumpriu, e polo tanto non se aplicará o medio punto máis sobre o salario base.

-Acórdase actualiza-la táboa salarial ano 2002.

Sen máis, conclúese a reunión, sendo as 18 horas na sala de reunións da empresa e convócase unha próxima reunión para o día 13 de marzo de 2003 ás 16 horas, con motivo de continua-la negociación do convenio.

En proba de conformidade, asínano no lugar e data arriba indicados.

ANEXO II

Actualización táboa salarial do ano 2002

a) Salario base.

CategoríaSalario base

mensual

Salario anual

(14 pagas)

Operario de primeiro ano516,427.230

Operario de segundo ano548,307.676,21

Axudante de operario580,188.122,46

Operario650,309.104,21

Operario de primeira720,4410.086

Coordinador de almacén784,2010.979

Operador loxístico de primeiro ano548,307.676,21

Operador loxístico650,309.104,21

Auxiliar administrativo de primeiro ano548,307.676,21

Auxiliar administrativo580,188.122,46

Oficial administrativo777,8110.889,35

Diplomado803,3211.246,49

Licenciado867,0712.139

b) Complemento de transporte.

Complemento de transporte (percíbeno tódolos traballadores).

Euros (mensual): 70,77.

Euros (anual): 849,21.