Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución recaída no expediente sancionador en materia de seguridade e saúde laboral.
Faise saber que contra ela cabe formular recurso de alzada, no prazo dun mes, contado desde a súa publicación ante a conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico da Administración do Estado e do procedemento administrativo común modificada pola Lei 4/1999.
Advírteselle que de non ser interposto, en tempo e forma, e no mesmo prazo terán que aboa-la multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar nas dependencias desta Dirección Xeral de Relacións Laborais, xa que, noutro caso, procederase á exacción pola vía de constrinximento nos termos previstos no artigo 2 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 e demais disposicións xerais de aplicación.
Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2003.
Pilar Cancela Rodríguez
Directora xeral de Relacións Laborais
ANEXO
Empresa: Vía Crucis, S.L.
Domicilio. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
Nº expediente: 2002/0015-0 1193/02/1/T (AI).
Data resolución dirección xeral ou consellería: 29 de xaneiro 2003.
Precepto infrinxido: artigo 43 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en relación co artigo 1 da Lei 14/1994, do 1 de xuño.
Precepto sancionador: artigos 8.2º do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
Sanción imposta: 12.020,25 A.