De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución do dito expediente, por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais e o seu Regulamento do 23 de decembro.
O importe da sanción farase efectivo mediante o impreso que ten á súa disposición no Servicio Técnico Xurídico da Delegación Provincial de Pontevedra, rúa Benito Corbal 47, 5ª planta. O período voluntario de pagamento será, segundo o artigo 20.2º do Regulamento xeral de recadación: a) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior. b) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior e unha vez producida a firmeza desta resolución -firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso de alzada dentro do prazo. As débedas non satisfeitas nos períodos citados nos puntos anteriores, esixiranse en vía de constrinximento.
Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
Pontevedra, 19 de marzo de 2003.
José Antonio López Rodríguez
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: PO-I-02/230.
Denunciada: Mª Concepción López Somoza.
Último enderezo coñecido: Medialdea, 34, 36300 Baiona.
Feito denunciado: abandono dun vehículo en masa forestal.
Precepto infrinxido: artigo 137 e) do regulamento á Lei de incendios forestais.
Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento á Lei de incendios forestais.
Sanción: 300,51 euros.