Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 24 de abril de 2003 Páx. 5.224

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a licitación, mediante concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de limpeza e lavandería da Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense).

A Delegación Provincial en Ourense da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

c) Número de expediente: 9/2003.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: servicio de limpeza e lavandería.

b) Lugar de execución: Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense).

c) Prazo de execución: desde o 1 de xuño ata o 15 de novembro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 54.004 euros (IVE incluído).

5. Garantías:

a) Definitiva: 4% prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense.

b) Domicilio: Camiño Prado Lonia, s/n, 32004 Ourense.

c) Teléfono: 988 38 60 96. Telefax: 988 38 60 87.

d) Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: oito (8) días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 80 do R.D. 1098/2001, do 12 de outubro, que aproba o Regulamento xeral da LCAP. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición de envío na oficina de correos e comunicarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988 38 60 87) ou telegrama, no mesmo día.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense.

b) Domicilio: Camiño Prado Lonia, s/n, 32004 Ourense

c) Data: o décimo día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

d) Hora: a partir das 13 horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 16 de abril de 2003.

P.D. (Orde 14-3-2003, Decreto 195/2003, do 20 de marzo)

José Sotelo Presas

Delegado provincial accidental de Ourense