Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 24 de abril de 2003 Páx. 5.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto e mediante concurso público, para a adquisición de doce vehículos para a unidade do corpo nacional de policía adscrita á Xunta de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de 12 vehículos para a unidade do corpo nacional de policía adscrita á Xunta de Galicia.

b) Número de unidades que se entregarán: doce (12).

c) División por lotes e número: tres lotes (3).

Lote 1: 10 vehículos todo terreo.

Lote 2: 1 vehículo turismo gama media.

Lote 3: 2 vehículo turismo gama media-alta.

d) Lugar de entrega: o que sinale a Dirección Xeral de Interior e Protección Civil.

e) Prazo de entrega. Duración en meses:

Un mes contado desde o día seguinte ó da data da sinatura do contrato para o lote 1.

Un mes contado desde o día seguinte ó da data da sinatura do contrato para o lote 2.

Dous meses contados desde o día seguinte ó da data da sinatura do contrato para o lote 3.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 311.700 euros, IVE incluído.

Lote 1: 10 vehículos todo terreo: 249.000 A.

Lote 2: 1 vehículo turismo gama media: 20.700 A.

Lote 3: 1 vehículo turismo gama media-alta: 42.000 A.

5. Garantía provisional. Total lotes 1, 2 e 3: 6.234 A.

Lote 1: 4.980 A.

Lote 2: 414 A.

Lote 3: 840 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: 981 54 64 99 e 981 54 45 17.

e) Telefax: 981 54 46 96.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse por un ou varios dos medios sinalados no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Solvencia técnica: deberá xustificarse por un ou varios dos medios sinalados no artigo 18 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación das ofertas: ata as 14 horas do día 16 de maio de 2003.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

2. Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados a partir da data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade e lugar: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local. Sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 26 de maio de 2003.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 25 de marzo de 2003.

12. Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http:/www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2333

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2003.

Manuel E. Martínez Oubiña

Secretario xeral da Consellería de Xustiza,

Interior e Administración Local