Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 24 de abril de 2003 Páx. 5.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 26 de marzo de 2003, da Delegación Territorial de Vigo, de notificación da resolución recaída no expediente de autorización 02/214, tramitado por solicitude formulada por Javier Babé García para a realización de obras consistentes na canalización para abastecemento de auga potable, no lugar de Monte da Serpente, Meloxo, termo municipal do Grove, dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, a resolución da delegada desta consellería en Vigo, recaída no expediente de autorización tramitado neste servicio á solicitude formulada por Javier Babé García para a realización de obras consistentes na canalización de abastecemento de auga potable, no lugar de Monte da Serpente, Meloxo, termo municipal do Grove, dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.

Contra a presente resolución pódese interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 26 de marzo de 2003.

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Vigo

ANEXO

Expediente número: 02/214.

Solicitante: Javier Babé García.

Último enderezo coñecido: Tenente Domínguez, 65 (O Grove).

Obra solicitada: canalización de abastecemto de auga potable.

Lugar: Monte da Serpente, Meloxo.

Concello: O Grove.

Resolución: denegar a Javier Babé García autorización para canalización de abastecemento de auga potable, no lugar de Monte da Serpente, Meloxo, termo municipal do Grove, debendo telo por desistido da súa solicitude, ordeando o seu arquivo sen máis trámites.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL