Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 24 de abril de 2003 Páx. 5.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 26 de marzo de 2003, da Delegación Territorial de Vigo, de notificación da resolución recaída no expediente de autorización 02/48, tramitado por solicitude formulada por María José Barreiro Amoedo para a realización de obras consistentes na legalización de muros de contención e peche, no lugar de Pragueira, termo municipal de Sanxenxo, dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á persoa que se relaciona no anexo, a resolución da delegada desta consellería en Vigo, recaída no expediente de autorización tramitado neste servicio á solicitude formulada por María José Barreiro Amoedo para a realización de obras consistentes na legalización de muros de contención e peche, no lugar de Pragueira, termo municipal de Sanxenxo, dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.

Contra a presente resolución pódese interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 26 de marzo de 2003.

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Vigo

ANEXO

Expediente número: 02/48.

Solicitante: María José Barreiro Amoedo.

Último enderezo coñecido: Salvador Moreno 42-6º C (Pontevedra).

Obra solicitada: legalización muros contención e peche.

Lugar: Pragueira.

Concello: Sanxenxo.

Resolución: denegar a María José Barreiro Amoedo autorización para a legalización de muros de contención e peche construídos no lugar de Pragueira, termo municipal de Sanxenxo.