Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 24 de abril de 2003 Páx. 5.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2003 sobre concesión do título-licencia da axencia de viaxes do grupo maiorista a Viajes Puente del Mundo, S.L., con casa central na Rúa Cánovas del Castillo 22, 2º de Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente instruído por instancia de José Manuel Manciñeiras Corral, representante legal de Viajes Puente del Mundo, S.L., titular da axencia de viaxes Viajes Puente del Mundo, S.L. en solicitude de concesión do oportuno título-licencia de axencia de viaxes do grupo maiorista.

Resultando que, coa referida solicitude achegouse toda a documentación que se indica no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo.

Considerando que na empresa solicitante concorren tódalas condicións esixidas polo Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, para a obtención do título-licencia de axencias de viaxes do grupo maiorista.

Considerando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente.

Vistos a Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia e o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, esta Dirección Xeral de Turismo

RESOLVE:

Conceder título-licencia de axencia de viaxes do grupo maiorista con XG-213 a Viajes Puente del Mundo, S.L. con casa central na Rúa Cánovas del Castillo 22, 2º de Vigo (Pontevedra), da que é titular Viajes Puente del Mundo, S.L., que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta orde no DOG, con suxeición ó preceptuado no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo. A dita axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Previamente, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2003.

P.D. (Orde 12-1-1998)

María A. Antón Vilasánchez

Directora xeral de Turismo