Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 24 de abril de 2003 Páx. 5.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 20 de marzo de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución do expediente sancionador ES-P-012/02, na que se acorda a inexistencia de infracción administrativa, devolta polo servicio de correos.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado, por comparecencia na que se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto ó que se notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, a Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situada na r/ Alcalde Hevia, 7, 36071 Pontevedra, nun prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 20 de marzo de 2003.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial

ANEXO

Expediente: PO-93/501 (expediente sancionador ES-P-012/02).

Cta.: 43.

Interesado: José Doval Obelleiro.

Último domicilio coñecido: Polígono de Torneiros, Fase V, ptal. 15 (B-2), 3º C, O Porriño, Pontevedra.

Indicación do contido da resolución: o delegado provincial da CPTOV acorda a resolución pola que declara a inexistencia da infracción administrativa do expediente PO-93/501 cta. 43.

Recurso: contra a citada resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ó da súa notificación.